Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 5: A reencarnación da nai de Wayan Ariana
En varias das nosas viaxes dentro da illa de Bali acompañounos/levounos un condutor que se chamaba Wayan Ariana.

A nai de Wayan Ariana morreu hai apenas catro meses.

Isto foi o que nos contou Wayan Ariana acerca da morte de súa nai:

Un día estaba na casa e púxose moi maliña. Levárona a un hospital e ás poucas horas morreu sen que ninguén lles dese ningunha explicación a Wayan Ariana nin aos seus irmáns. (Debeu de ser un infarto ou algo semellante). Entón aos poucos días decidiron ir á casa dunha adiviña (hai moitas en Bali e a xente acude a elas para pedir consellos e explicacións de todo canto non entende).

A adiviña explicoulles a través da voz de súa nai (Wayan Ariana asegurounos que realmente era a voz de súa nai) que qué maís daban os motivos que a levaran a morrer. O importante era que morrera rapidamente para non facer sufrir aos fillos.

Wayan Ariana explicounos que súa nai era tan boa que morreu axiña sen molestar a ninguén.

A adiviña explicoulles tamén que a alma da nai de Wayan Ariana estaba agora dentro do corpo da filliña deste, que ten catorce meses. O que tiña que facer entón Wayan Ariana era ir ás carreiras para a súa casa para meter á meniña dentro dunha cesta das que se usan para gardar os galos de pelexa poruqe deste xeito impediría que as envexas e outras maldades que puidesen axexar á súa nai non puidesen facer dano á súa filla.

E así fixo Wayan Ariana.

A meniña, díxonos, é a nena máis feliz do mundo e o vivo retrato de súa nai.

E isto contóunolo mentres conducía en medio do enxame de motos e o denso tráfico da cidade de Dempasar.

Coma se fose o máis normal do mundo!

(A foto que vos achego fixena na vila de Amed, no nordeste de Bali. É un grupo de cestas con galos de pelexa)
Comentarios (10) - Categoría: Anotacións balinesas - Publicado o 18-08-2010 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Estas mortes serenas parecem-me que realmente trazem uma tranquilidade maior para a família, embora nenhuma delas considero como boa. Neste caso, a alma da boa sen#blgtk08#hora faria bem a alguém. E como fica quando a alma é de uma pessoa ruim?
Fatos muito curiosos... E, como você mesmo disse, parece ser muito normal!
Comentario por Solange Couto (18-08-2010 16:27)
2 Outro detalhe que achei curioso, é o fato de Wayan Ariana ter que guardar sua filha dentro de um cesto para que não pegasse a inveja, e#blgtk08#tc... Agora a minha pergunta é: Por quanto tempo teve que ficar sua filha dentro deste cesto? Será coisa rápida ou algum outro ritual?
Comentario por Solange Couto (18-08-2010 18:30)
3 Cousa rápida. Uns poucos minutos. Pero polo visto iso librouna de todas as maldades que podían axexar a súa avoa. Cando Wayan Ariana explicou todo isto estaba comple#blgtk08#tamente convencido dos seus efectos. En Bali todo xira arrdor destes rituais. Parece que nada se poida improvisar e nada poida escapar dos designios das divindades.
Comentario por Xesús Constela (18-08-2010 20:18)
4 Sim, e o mais interessante é que eles estão convictos mesmo destes rituais e, precisam seguir à risca#blgtk08# para que nada dê errado!
Interessante esses mistérios que envolvem as pessoas de tal maneira!
Comentario por Solange Couto (18-08-2010 20:42)
5 Eu non sei. A morte é tan impredecible!
Case coma o nacemento, pois unha muller pode estar preñada, pero de aí a que a crianza vaia adiante hai un tempo que ás veces semella ser un camiño á.. Non sei.

Enterneceume a historia que contas. As cestas son preciosas, pero o dos galos de pelexa xa non me fai tanta graza. Teño cu#blgtk08#rado moitas esnafradelas de crinzas e mesmo teño socorrido algunhas que quedaron penduradas dun gancho de arame e... Non me dou acostumado ao sangue. Tan sequera dos galos! E o das pelexas... Non hai outra maneira mellor de divertirse?

Non me fagas moito caso. Todo o que contas me parece interesantísimo.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (19-08-2010 22:01)
6 É curioso como en todas as partes do mundo aínda hai tanta xente que cre nos adiviños e nos mediums e practica este tipo de ritos, é coma unha necesidade común a todos os humáns, crer no descoñecido, deixarnos axudar polos mortos, crer que aínda están aí, que velan por nós... A min dáme moita c#blgtk08#ousa todo iso... A historia en si é fermosa, pola tranquilidade que lle proporcionou esa información a Wayan, que quedou tan feliz ante unha desgracia tan forte. Cando é para ben coido que pode ser moi beneficioso para as persoas máis débiles, é unha "medicina para a alma" e iso está moi ben!!
Comentario por Eva Lozano (21-08-2010 13:23)
7 Venvido, vexo que foi unha viaxe interesante, alegrome. É ben fermosa a historia. Eu non creo na reencarnación pero o meu fillo de 16 meses, di meu pai que ten os xestos esactamente iguais que o #blgtk08#meu difunto avó. Teño ben claro que del non os aprendeu pois faleceu fai 28 anos, anque supoño que terá esplicación na xenetica. Non sei hai cousas que non teñen demasiadas formas de explicación.
Comentario por A cruz da Campá (22-08-2010 12:41)
8 A min o dos galos de pelexa horrorízame. De feito tiña pensado falar do asunto máis adiante dentro destas anotacións que trouxen de Bali. Parécenme algo atroz, Nena. En canto ao que dis, Eva. A relixión e a adiviñación, e o tarot e todas esas cousas son unha especie de colchón que "amortigua" as grandes caídas. En Bali concretam#blgtk08#nente, coma noutros moitos lugares a relixión ten exoplicacións para todo e ningún, absolutamente ninguén pon nada en dúbida. As adiviñas, todas mulleres, e os sacerdotes, todos homes, falaremos do tema, ocupan un lugar moi importante na sociedade. E non me refiro ao económico. Falo dun lugar de honra, por chamalo dalgún xeito.
Comentario por Xesús Constela (22-08-2010 12:51)
9 A historia é fermosa, coincido con todos en que semella que no século XXI estes ritos, estas dependencias das adiviñas, cáseque teñen que pedir permiso para seguir adiante coas suas vidas, faime pensar moito no noso esquecido#blgtk08# sacramento da penitencia, máis ben no feito daconfesión, porque este feito pon a vida do que fai a consulta nas mans ben ou mal intencionadas do consultado. Ben, neste caso parece que foi beneficioso, asi que todo está ben.
Comentario por Eva Carpente (22-08-2010 22:42)
10 "As adiviñas, todas mulleres, e os sacerdotes, todos homes..."

Curiosa a diferenciación de roles. Adiviñas e meigas, intermediarias coa morte... Sacerdotes, #blgtk08#intermediarios coa grandeza dos deuses. Eu sempre dixen que as relixións e crenzas varias tiñan moito de sexista. Pero non vou entrar nisto, que daría para un longo texto.
Comentario por A nena do paraugas (23-08-2010 10:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal