Achégovos un video gravado (non por min) no templo de Uluwatu, onde cad día á hora do solpor interprétase a danza ritual de kecak, que narra a historia de dúas virxes raptadas polo rei dos monos e asúa posterior liberación por parte dun heroe que camiña por riba do lume.
Non hai máis música cá interpretada por ese grupo de homes que cantan.
Esas manchiñas brancas que levan na cara son grans de arroz pegados a xeito de ofrenda aos deuses.
Non son actores profesionais. E iso é o mellor. Trátase de xente das vilas de arredor de Uluwatu que se xuntan cada día para cantar.
Tratando-se de um ritual representado por pessoas comuns, o espetáculo fica ainda mais fantástico!
Percebe-se o quanto é #blgtk08#gratificante para estas pessoas, pois vivem e transmitem este momento com intensidade, como se fosse único.
Espetacular!
Comentario por Solange Couto (17-08-2010 23:20)
2
O mellor desta danza kecak é precisamente que non sexan profesionais e non haxa máis mú#blgtk08#sica que a cantada por estes homes dun xeito tan singular. E si. O solpor é grandioso.
Comentario por Xesús Constela (18-08-2010 12:28)
3
Asómbrame o moito traballo que hai destrás do vestiario e da maquillaxe e pregúntome como é posible que teñan a santa paciencia para xu#blgtk08#ntarse cada día e escenificar esta danza, con todo o que conleva. Para min non queda en fermosura. É admiración!
Unha das cousas máis fascinantes de Bali é o sentido de comunidade que ten a xente. Supoño que por infl#blgtk08#uencia da relixión e da gran cantidade de cerimonias que comparten. O vestiario é abraiante. Si señor.