|
|
|
|
Bali 3: Pura Luhur Uluwatu |
|
A terra sempre remata e dá lugar ao mar. Sempre. E adoita de xeito abrupto.
Por iso en cada lugar a onde se viaxe hai un punto en que a inmensidade dos océanos impón a súa bravura contra as rochas da costa. Por iso hai unha Fisterra e tamén un Land's End, e quen sabe cantos lugares máis con nomes semellantes.
En Bali ese lugar está na península de Bukit Badung, no extremo sul da illa, onde o sacerdote xavanés Danghyang Nirartha, o renovador do hinduismo balinés, mandou renovar un templo construido no século XI, que é un dos maís abraiantes de cantos se construiron na illa, precisamente polo lugar onde se atopa, á beira mesma dos acantilados onde para os balineses a terra remata (a súa Fisterra).
Cando alguén morre, di o hiduismo, a súa alma vai atopando diversas reencarnacións até que hai un momento en que se evapora, e ese momento chámase moksa.
Pois ben, a alma de Danghyang Nirartha evaporouse precisamente en Uluwatu. Sóuboo por unha revelación dos deuses: "Obterás a túa liberación en Uluwatu".
No templo de Uluwatu e nos seus inmensos xardíns (un anaco de monte moi fermoso á beira dun altísimo acantilado calcáreo contra o que bate o mar cunha forza desmesurada) os monos corren, saltan, xogan e acicálanse ao seu antollo sen que ninguén ouse molestalos e cómpre andar con nmoito coidado de que non che rouben algo que poidas levar na cabeza ou nos petos, ou mesmo unha cámara de fotos ou un bolso. Todo ten o seu atractivo, non?
Poderei dar creto ou non á historia de Danghyang Nirartha.
Pero nunca esquecerei as cores do solpor en Uluwatu.
Nunca.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Interessante isto de a alma se reencarnar várias vezes, até finalmente, evaporar-se!
Com certeza estes macacos são muito espertos e ligeiros. Cuidado com eles é po#blgtk08#uco! Experiência própria, pois já fui mordida por um!!
Vendo falar deste pôr de sol, imagino o quanto grandioso tenha sido admirá-lo!
Que maravilha Uluwatu! |
|
|
Comentario por Solange Couto (17-08-2010 22:04) |
|
|
2 |
Pois debe de ser horríbel amordedura dun macaco! Calquera mordedura, en real#blgtk08#idade, debe de ser horríbel. O da reencarnación da alma dá para moito falar. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (18-08-2010 12:26) |
|
|
3 |
Não é nada agradável mesmo, pois me lembro até hoje, quando na minha infância resolvi fazer um carinho a um dito macaco. Bela ret#blgtk08#ribuição que tive!!!
O da reencarnação dá muito o que falar e, não acredito que chegaríamos a algum fato concreto!
|
|
|
Comentario por Solange Couto (18-08-2010 13:40) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|