Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Bali 2: A danza legong
Só para que entredes en situación un pouco de danza legong, que con música dunha orquestra gamelán (básicamente percusión) narra historias extraídas do libro de Ramajana que falan de criaturas bondadosas raptadas por monstros para despois seren liberadas por deuses e heroes)

Principalmente na cidade de Ubud, no interior, pódense presenciar magníficas representacións desta mestura de danza e teatro.

Descoñezo onde remata a arte da danza e comeza a relixión (ou vice versa). Todo o corpo baila, dedos das mans e dos pés e ollos incluidos. Hai milleiros de rapazas que soñan con chegaren a ser balilarinas de legong, unha arte case ximnástica que require longas horas de duro adestramento.

Nós, os occidentais, só podemos deixarnos levar pola música e a estudada estética do baile.

Comentarios (6) - Categoría: Anotacións balinesas - Publicado o 16-08-2010 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Fermoso, que expresividade!! #blgtk08#Semellan deusas mesmamente...
Comentario por Eva Lozano (17-08-2010 11:24)
2 Sensacional! O detalhe dos dedos das mãos e olhos, são realmente incríveis, além, da beleza e sensualidade que estas moças transparecem.
É cl#blgtk08#aro que o valor cultural que representa esta dança é rico por demais!
O que me impressiona muito são as cores sempre vibrantes, sempre vivas!
Comentario por Solange Couto (17-08-2010 14:20)
3 Esta danza forma parte da historia que vos contei, nunha mestura de teatro, música e baile verdadeiramente fermosa aínda que#blgtk08# aos occidentais nos coste traballo seguir a trama, aínda que a expresividade é tan abraiante que case atrama é o de menos.
Comentario por Xesús Constela (17-08-2010 21:36)
4 Se o pensas friamente, calquera danza de calquera cultura ten teatro e non deixa de ser unha representación de cultos pagáns ou relixiosos, prolongacións da vida cotiá.

Hai anos estiven na Escola de Danza da Deputación de Ourense e aprendín a moverme ao compás de muiñeiras, trulladas e foliadas (mágoa, esnaquicei un xeonllo e tiven que deixalo#blgtk08#!) e abofé que sentín ese estraño espíritu que envolve o corpo cando soa a música! É coma se unha se transportase a outro mundo, soportando os 15 quilos do traxe galego. E o truco sempre está nos movementos máis insignificantes: dedos, boca, labios, brazos...

En fin... Que me gusta o que rouxeches de tan lonxanas terras!

Bicos.
Comentario por A nena do paraugas (19-08-2010 23:02)
5 Vaia mla pata (e nunca tan ben dito) o do teu xeonllo. Supoño que na danza (eu non che son danazarín, só ocasional e de troulada) pódense expresar mil cousas diferentes e se se toma en serio o corpo enteiro par#blgtk08#ticipará do espectáculo. Isto da danza balinesa ten un moito de exercicio ximnástico ou de tai chi ou semellante e polo que me contaron necesita días e días e horas e máis horas de ensaio. Unha entrega total.
Comentario por Xesús Constela (22-08-2010 12:38)
6 Home, a danza toda precisa de horas de ensaio, pero é curioso: as nosas danzas semella que pretenden facer quecer o corpo. En xeral teñen movementos máis violentos, por dicilo así. En cambio, nesas terras tropicais, semella #blgtk08#que todo o hai que facer máis a modo, ou a calor espesa e abafante acabaría cos corpos das danzantes. En fin, falo por falar, pois de danzas de fóra non entendo nadiña. Só o que amosas aquí... Sonche moi ignorante...
Comentario por (23-08-2010 10:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal