|
|
|
De Hisham Matar: Só no mundo |
|
Recoméndovos a lectura dunha novela moi boa do escritor Hisham Matar, nacido en Nova York pero de orixe libia.
A versión orixinal titúlase In the Country of Men e non sei por que lle cambiaron o nome ao traducila.
A través dos ollos inocentes do pequeno Solimán, nunha narrativa que engaiola dende a primeira páxina, imos descubrindo a cidade de Trípoli, onde vive, as súas amizades e as sombras todas da sociedade que o rodea nos primeiros anos da chegada ao poder de Muammar_al-Gaddafi.
Unha novela moi ben escrita e chea de vida.
Veña un grolo por Hisham Matar! |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Graciñas!! Non sei por que, pero é no verán ca#blgtk08#ndo menos leo, debo de ser un "bicho raro"... |
|
|
Comentario por Eva Lozano (16-08-2010 10:42) |
|
|
2 |
O verán está para rachar con todo canto se fai no resto do ano. Eu non escrtibín nin unha soa verba agás un artigo para o Diario de Ferrol e o meu caderno de viaxe (ese non podía fallar). Xa non #blgtk08#concibo unha viaxe sen el. Cando poidas colle ese libriño. Por certo, que teño para ler "The Solitude of Prime Numbers" que ti me recomendaches. A ver se esta semana ou a que vén! Xa teño ganas. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (16-08-2010 12:38) |
|
|
3 |
A ver se che gusta: é orixinal, moi fácil de ler, unha lectura que engancha prec#blgtk08#isamente pola súa simplicidade, xa verás... Buscarei o libro de Hisham!! Bicos. |
|
|
Comentario por Eva Lozano (16-08-2010 16:45) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|