|
|
|
192.000 libros que non valen |
|
A Xunta de Galicia coa aplicación desta maldita lei de plurilingüismo (vaia un eufemismo para destruír a lingua de nós) que vai entrar en vigor para o vindeiro curso escolar, vai destruir 192.000 libros de texto (Si. Lestes ben: 192.000) polo mero feito de ESTAREN EN GALEGO, lingua prohibida (Si. Volvestes ler ben: prohibida) para o ensino das asignaturas de matemáticas, física e química e tecnoloxías.
Que vai facer a Xunta de Galicia con todos estes libros?
Por que non os queima na Praza do Obradoiro para que a noticia apareza en todos os medios de comunicación do mundo (de seguro aparecería) e así xa de paso lles caia aos conselleiriños todos a carauta de demócratas "de toda la vida"?
Podería aproveitar o "trepa" de Núñez Feijóo para facer durante a queima un discurso en plan Goebbels que fose do agrado dos xornais madrileños de dereitas, que seguro que avanzaba un bo chanzo no seu camiño político.
Xa o imaxino: "Destas lapas nacerá un novo espírito (Iso dixo Goebbels diante dos libros a arder na noite aquela da queima de Berlín) Botade libros ao lume e acabemos dunha vez con esa lingua maldita que fai dano nos ouvidos!"
Unha catarse españolista!
Quen prendería o lume da gran fogueira?
Admítense apostas.
Por certo, apàreceu no xornal El País un artigo moi bo de Manuel Rivas sobre o tema. |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Si que os queimen na praza do Obradoiro, recordando esceas "a lo nazi"#blgtk08# da segunda guerra mundial. Vailles ese estilo. ¡QUÉ LÁSTIMA DE PAIS! |
|
|
Comentario por A cruz da Campá (07-07-2010 12:14) |
|
|
2 |
Jiménez Losantos cunha tea e un capuchón... Con#blgtk08# risos sinistros de fondo... Que medo, rapás!! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (07-07-2010 13:38) |
|
|
3 |
Podem botar fogo, proibir, etc... Não vão conseguir acabar com aquilo que já é nato! A língua mãe está no coração e na razão!
Acabou-se a época de proib#blgtk08#ições!
O que deveria ser proibido, certamente, são estas pessoas insensatas, que quando estão com o poder nas mãos, pensam que podem fazer o que querem! |
|
|
Comentario por Solange Couto (07-07-2010 14:08) |
|
|
4 |
A min paréceme que lles había quedar moi "chic" Corina Porro coa sua voz de pita repipi, largando un discurso ao seu xeito #blgtk08#de "y tu más" e botando no medio dos libros un deses cachos de parafina aceso... Que tristura!!! este país anda cara atrás. |
|
|
Comentario por E Carpente (07-07-2010 19:54) |
|
|
5 |
Pois si. Imos cara atrás, por #blgtk08#non dicir de cu. Unha lástima. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (09-07-2010 13:46) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|