|
|
|
|
De Milena Agus: A imperfección do amor |
|
Veño de descubrir unha escritora italiana magnífica, cunha narrativa desas que engaiola dende as primeiras liñas do libro e é capaz de facer que o lector se vexa inmerso nuns escenarios descritos con verdadeira mestría.
Falo de Milena Agus, xenovesa que vive en Cagliari, a capital de Cerdeña, e da súa novela A imperfección do amor, onde asistimos á vida cotiá de tres irmás que habitan unha parte do que foi un palacio aristocrático que lles pertence por herdanza familiar pero non poden manter por falla de cartos.
Noemi, a maior, soña co esplendor familiar xa desaparecido.
Maddalena, a segunda, soña con ter un fillo co seu home Salvatore (as relacións sexuais entre os dous están descritas pola autora dun xeito sublime)
A condesa de manteiga (a máis pequena, que dá título ao libro na versión orixinal en italiano: La contessa di ricotta) soña co amor.
A lectura desta noveliña levoume a comezar a do grande éxito da súa autora: Mal de pedras.
Dende logo moi recomendábeis calquera delas se queredes viaxar a Cerdeña dende as vosas casas.
Boa viaxe! |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Outra boa recomendación que agrad#blgtk08#ecemos, Xesús. Terémola en conta! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (03-07-2010 14:57) |
|
|
2 |
Realmente paga a pena ler Mal #blgtk08#de pedras. Moi bo. Magnífico. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (07-07-2010 11:22) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|