|
|
|
|
De José Saramago 1 |
|
 Falaremos unha miguiña de José Saramago, este Grande da literatura que se nos foi tan caladiño agora que o verán anda a nos facer unha primeira visita.
Nunca esqueceri a miña lectura do Memorial do Convento, de como ficou para sempre no meu corazón o personaxe de Blimunda.
Mesmo cheguei a visitar o mosteiro de Mafra, onde a historia se desenvolve, ao rematar a lectura só para admirar unha vez máis a calidade das descricións do autor desa obra mestra.
E si. Mafra era xusto como Saramago dicía.
E a escena que abre o libro, cos reis de Portugal, Don Joao e Dona Maria Ana Josefa, a rezar para teren descendencia, é unha desas xenialidades que só poden saír dunha cabeza chea de inxenio e de boa literatura.
Moitas grazas, José Saramago, por tantos bos momentos que me fixeches pasar.
De todo corazón! |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Era, ademais, unha g#blgtk08#ran persoa, non si? |
|
|
Comentario por Eva Lozano (20-06-2010 11:46) |
|
|
2 |
Era unha persoa desas que por desgraza non abundan, comprometido co mundo e cos desfavorecidos, u#blgtk08#n escritor perfectamente integrado na sociedade que lle tocou vivir. Grande en todos os aspectos. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (20-06-2010 11:51) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|