|
|
|
De Walt Whitman: Unha folla de herba |
|
Amante son das cousas pequenas que pasan desapercibidas, desas que inxustamente moitas veces esquecemos, desas que só botamos en falla cando xa non están.
Mentres pensaba nisto lembrei un fermosísimno poema de Walt Whitman:
I believe a leaf of grass is no less than the journey-work of the stars,
And the pismire is equally perfect, and a grain of sand, and the egg of the wren...
Traduzo un pouco libremente:
Creo que unha folla de herba, non é menos
que a xornada laboral das estrelas,
e que unha formiga é perfecta,
e un gran de area,
e o ovo dun paxaro,
son igualmente perfectos,
e que a ra é unha obra mestra,
digna dos escollidos,
e que a silveira podería adornar
os salóns do paraíso,
e que a articulación máis pequena da miña man
avergoña as máquinas,
e que a vaca que pace, coa súa cabeza baixa,
supera todas as estatuas,
e que un rato é miragre abondo,
como para facer dubidar,
a seis trillóns de infieis.
Veña un grolo, Walt Whitman! |
|
|
|
10 Comentario(s) |
|
1 |
Eu também me encanto com as pequenas coisas que fazem parte do dia a dia e que poucos observam.
Neste pouco que você traduziu formou-se um#blgtk08# "todo completo" e não é necessário mais pra mostrar que se formou um conjunto de coisas perfeitas e sem dúvida uma obra mestra!
Un grolo! |
|
|
Comentario por Solange Couto (16-06-2010 22:42) |
|
|
2 |
Encántame Walt Whitman, é un deses poetas que quedan para sempre no grupo dos "favoritos". Sabias palab#blgtk08#ras, sen dúbida, unha síntese perfecta da realidade mesma.
Moitos grolos entón por este grande!! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (17-06-2010 11:01) |
|
|
3 |
Se cadra deberíamos de fixarnos máis nesas pequenas cou#blgtk08#sas das que fala Whitman, cecais o mundo sería millor. |
|
|
Comentario por A cruz da Campá (17-06-2010 22:31) |
|
|
4 |
Acaba de morrer Saramago...
#blgtk08#Só quería compartir un grolo por el! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (18-06-2010 15:05) |
|
|
5 |
Comparto ese grolo porWhitman, non coñezo a sua obra, mais a beleza do que traduces fala moito e ben. Veña ese grolo.
Compartirei tamén o#blgtk08# grolo que propón Eva por Saramago que nos deixou. Veño de ler "Ensayo sobre la ceguera" e ando pensando en ler "Cain", fareino na sua honra este verán. |
|
|
Comentario por E Carpente (18-06-2010 19:26) |
|
|
6 |
Construímos a vida cos pequenos retallos de cada día.
E secund#blgtk08#o a iniciativa de Eva Lozano: UN GROLO POR SARAMAGO!
Un saúdo. |
|
|
Comentario por A nena do paraugas (18-06-2010 22:16) |
|
|
7 |
Vai o meu grolo também ao #blgtk08#célebre escritor Saramago. |
|
|
Comentario por Solange Couto (18-06-2010 22:29) |
|
|
8 |
Outro ronda de grolos por#blgtk08# Saramago, esta pagoa eu. |
|
|
Comentario por A cruz da Campá (18-06-2010 23:00) |
|
|
9 |
Douis grandes que merecen moitos grolos: Whitman e Saramago, deses que deixan unha#blgtk08# fonda pegada na humanidade escrita con boa literatura e grandiosa personalidade. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (19-06-2010 23:41) |
|
|
10 |
Cando leín un poema de "Hojas de hierba" a uns alumnos de COU, hai xa, p#blgtk08#olo tanto, uns anos, algúns deles compraron o libro sen eu pretendelo. |
|
|
Comentario por Guereñu (17-11-2012 23:19) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|