Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Helene Hanff
Helene Hanff publicou unha xoia titulada 84, Charing Cross Road.

O libro contén toda a súa correspondencia dende a cidade de Nova York co libreiro Frank Doel, da libraría de libros vellos Marks and Co., no número 84 da Rúa de Charing Cross, en Londres, famosa precisamente por acoller a meirande parte das librarías de vello da cidade.

Helene Hanff púxose en contacto con el por vez primeira o día cinco de outubro de 1949 para pedirlle o envío dunha lista de libros que non atopa en Nova York.

Libreiro e escritora mantiveron a súa correspondencia até o once de abril de 1969!

Imaxinade de cantas cousas puideron falar.

Entre eles naceu a amizade a través das palabras escritas e chegaron a ter unha relación case amorosa nos duros tempos da posguerra.

O New York Times dixo do libro que "seduce e fai que o lector sintonice coa humanidade, proporciona un bálsamo para o espírito e unha protección contra das crispacións da vcida contemporánea."

E abofé que é verdade!

Un libro altamente recomendábel pola súa calidade tanto humana como literaria.

(Por certo, que polo visto hai unha versión cinematográfica protagonizada por Anne Bancroft e Anthony Hopkins e unha versión teatrala dirixida por Isabel Coixet)
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 02-06-2010 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ¿Qué libros tiene e#blgtk08#ditados en España?
Comentario por Norberto (02-06-2010 22:15)
2 Non ten nada que ver con esta entrada pero bueno. Moi bo o libro #blgtk08#de "Un tipo listo" de Xose Monteagudo, grazas pola recomendación.
Comentario por A cruz da Campá (02-06-2010 22:40)
3 Eu só sei deste libro de Helene Hanff editado en España. Está en Anagrama. Sabía que o libro de Monteagudo ha#blgtk08#bería gustarvos. É moi bo. Unha novela moi ben traballada e moi ben construída. Alégrome de que vos gustase.
Comentario por Xesús Constela (03-06-2010 20:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0