Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un libro por tres bragas
A nosa amiga Eva Carpente fíxome chegar unha foto que paga a pena compartir.

Nin o ebook nin farrapos de gaita, o futuro da literatura está nos feiróns.

Que libros darán coas bragas da oferta?

Propoño tres títulos:
A enfermidade mortal de Kierkegaard
A crítica da razón pura de Kant
As confesións de San Agustín

Agardo que sexan do gusto do vendedor e das súas clientas.
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 01-02-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Será que estão fazendo qualquer negócio para insentivar a leitura?
Por aqui temos muito disso. Mas temos também aqueles que jogam no lixo livros #blgtk08#e enciclopédias inteiras para serem recicladas. Eu mesma, comprei uma enciclopédia que ia ser destruida e paguei caro, mas pelo menos está bem guardada!
Comentario por Solange Couto (02-02-2010 12:27)
2 Eu penso que ó dono do tenderete deulle mágoa tirar cos libros, ou mesmo os atopou tirados (polo xeito que teñen). A visión comercial do ti#blgtk08#po díxolle que un cartel, sexa o que sexa, chama a atención sobre a mercadoría. Iso sería, pero moi ben feito. Veña un grolo polo feirante.
Comentario por E Carpente (02-02-2010 16:07)
3 Pois si. Un grolo polo feirante orixinal! Vaia cousa curiosa que contas, Solange, con iso de recoller libros nos vertedoiros d#blgtk08#e lixo. Pero é unha boa idea, salvar libriños que van ser pasto das incineradoras. Prodúceme tanto arrepío a queima dun libro!
Comentario por Xesús Constela (02-02-2010 19:27)
4 Un feirante salvador de libros.
Non sei que#blgtk08# título terán pero seguro que non están en galego.
Comentario por paideleo (02-02-2010 21:52)
5 Primeiro punto: dá gusto ver que o cartel non ten faltas de ortografía, se cadra o feirante é de verdade un bo lector que quere fomentar a lectura en serio. Se cadra ten unha editorial e todo, porque os libros son dunha mesma colección como se pode observar. Hai librerías que venden libros vellos a 1 euro, a min encántame remexer neles como as clientas das feiras, hai algo semellante entre ambas as dúas cousas.
Segundo punto: a miña enciclopedia, unha Larousse 2000 en 16 tomos e non sei cantos CD-Roms, recollina tamén dunha planta de reciclaxe, #blgtk08#nova, xa que isto foi polo ano, precisamente, 2000! Por suposto non paguei nada por ela. Os CD-Roms estaban precintados en a enciclopedia nova de trinque. Tamén collín alí varias novelas novas, daquel ano, coa etiqueta do Corte Inglés por detrás. Si, foran eles os que, por alguna estraña razón, guindaran centos de libros alí, para reciclar, cando estaban sen estrear. non me preguntedes por que o fan, pero a vida é así e os libros, polo que semella, non valen o que estamos a pagar por eles. Eu collín todo sen pagar, por suposto, e sen ningún problema...
Comentario por Eva Lozano (02-02-2010 23:53)
6 Vaia unhas historias de libros que pareceron por aquí. Historias fermosas de verdade. Gústame iso das enciclopedias recollidas entre o lixo. Curioso. Si señor. Letras agachadas baixo moreas de lixo. Eu ás veces dou en pensar en me desfacer das cousas todas que teño, mesmo dos libros. Unah vez lidos o mellor que poden facer é circular. Ás veces sinto mágoa deles #blgtk08#arrecunchados nos andeis da miña biblioteca. Non sei que escritor era quen os deixaba "esquecidos" nos lugares onde acababa de lelos para que alguén os recollese. Outra historia curiosa, non pendades? Profesión:
recolector de libros esquecidos en bancos de parque, ou en asentos de tren, ou en retretes públicos... Que faría cando remataba o libro na casa?
Comentario por Xesús Constela (03-02-2010 20:58)
7 Pode ser que o vendedor non soubera que facer cos libros que xa tiña lido, eu xa non teño sitio onde poñelos.Gostame moito leer li#blgtk08#bros que xa foron lidos ,ver as anotacións que fixo o anterior lector, darlle voltas a cabeza para tentar adiviñar porque as fixo.
Comentario por noné (02-03-2010 20:12)
8 Pois vai valer a pe#blgtk08#na mercar bragas...
Comentario por Guereñu (16-11-2012 18:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal