Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Novo disco de Ger Wolfe
E se falo da canción que estou a escoitar mentres escribo: The Curra Road, do meu gran amigo Ger Wolfe, con quen cando podo comparto moitos marabillosos momentos en familia en diversos lugares das nosas xeografías vitais... Londres, Cork...?

(Se queredes escoitar The Curra Road ou outros temas dos seus álbumes anteriores podedes facelo aquí)

E se falo do pracer de dar un gran paseo por esa Curra Road que pasa preto da casa súa en Carraigaphùca, en Macroom, que sempre está aberta aos amigos?

E se falo do gran poder evocador de todas as súas cancións?

E se falo de que nunca o vin viaxar sen un instrumento musical a man e que cando non o levou comprouno sobre a marcha?

E se falo de que non hai nada máis fermoso que escoitalo cantar a capella?

E se falo do poderoso poder da amizade?

Acaba de sacar un novo disco: No Bird Sang. Unha marabilla.

Veña un grolo por Ger Wolfe, amigo!
Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 27-10-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Estou a escoitalo. Ten unha fermosa voz, encántame este estilo de música, tipicamente irlandesa, dá unha paz e unha boa sensación que imaxino o privilexio que #blgtk08#ten que ser gozar da súa amizade. O pobo, fermosísimo, con esas casas de cores e todo ese entorno. Dálle os parabéns das fans destas terras! E un grolo por el!
Comentario por Eva Lozano (27-10-2009 20:45)
2 Não conhecia Ger Wolfe, escutei e gostei! Música tranquila,serena, própria para noite#blgtk08#s de luau. Muito bom, vou passar a ouvi-lo.
Um brinde meu,também,à Ger Wolfe!
Comentario por Solange Couto (28-10-2009 21:52)
3 Grzas, Xesús por darnos a oportunidade de escoitar estas xoias. Se non fose aqui non gozaria eu de esta música que me soa tan inti#blgtk08#mista e tan de xuntanza de amigos a redor dunha lareira, con bo magosto polo medio. Veña un bo grolo po Ger Wolfe, e tamén por ti.
Comentario por E Carpente (29-10-2009 16:17)
4 Xa fixen a Ger partícipe dos vosos comentarios.#blgtk08# E agardéceos de corazón. Veña un grolo, logo!
Comentario por Xesús Constela (01-11-2009 11:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal