Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O maldito Xacobeo
Onte presentouse en Santiago, nunha festa realmente chea de fasto, a programación do vindeiro Xacobeo 2010.

Estou xa farto de Xacobeos e de celebracións de carácter relixioso.

Odio realmente todo ese coñazo do camiño de espiritualidade e esas cousas. Quen queira camiñar pois que camiñe, quen queira ir en bicicleta que vaia e quen queira montar a cabalo ou en burro pois que monte, pero que nos deixe en paz aos demais.

Se quere a Xunta facer unha ruta turística que a faga pero que non invista nela esas mancheas de cartos que invisten sen vergoña de ningunha caste con ánimo de contentar á igrexa.

Seica entre as cousas que destacan no programa está algo así como unha especie de encontro internacional para o fomento da espiritualidade. Manda carallo!

Por que os poderes públicos teñen que facer esas cousas?

A Consellería de Cultura recortou toda caste de investimentos na cultura do país (as axudas á tradución de literatura, por exemplo) e vai e funde cartos de nós sen nos consultar no maldito Xacobeo.

Para colmo queren conviadar ao Bieito XVI!

Haberá que fuxir!
Comentarios (8) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 21-10-2009 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 "Cada um por sí e Deus por todos." É como dizemos por aqui...Mas parece que querem fazer ao contrário: "Venha a nós,ao nosso Reino."#blgtk08#
Promovem-se festas e eventos visando lucros e mais lucros...
Imagino a quantidade de dinheiro por trás de tudo isso!
Comentario por (21-10-2009 22:12)
2 O comentário (1) que fiz acima, não apareceu meu nome, então,aproveito para assiná-lo e reforçar minha opinião, para que as igrejas de todas as religiões dividam um p#blgtk08#ouco seus lucros com qualidade de vida para menores abandonados, invistam em saúde,cultura e outras coisas necessárias, as quais eles sabem perfeitamente quais são...
Comentario por Solange Couto (21-10-2009 22:26)
3 Ai que graza iso do Bieito, que non sabia que lle chamaban así en galego (aquí é "Benet"). Pois tes toda a razón, Xesús. Coido que Galicia ten que aproveitar o tirón económico que supón o "Ano Santo", pero das actividades relixiosas tería que ocuparse única e exclusivamente a igrexa. O resto está ben que o fagan, pensa que o diñeiro que gasten se amortizará en pouco tempo, e o resto todo serán ganancias, con tanto turismo como teredes. Iso espero, pero coido que sempre foi así, que Galicia saca moito proveito do Xacobeo. #blgtk08#Outra cousa é que a Xunta saque diñeiro dunhas cousas para metelo onde non fai falta, aí si que me indigno, se non hai, non hai... Iso non pode ser. Ademais tamén considero que o goberno ten que ser laico de verdade, e non se nota nada, que van de procesión en procesión. Por iso digo que debería ser a igrexa a que gastase os cartos (que ten de sobra) nestas cousas do Xacobeo, pero que a Xunta aproveite o tirón turístico non lle fará nada mal ao sector, que alá hai moita xente que vive diso e tamén temos que pensar neles.
Comentario por Eva Lozano (22-10-2009 09:13)
4 Si señor, Solange, que repartan os seus lucros entre os necesitados do mundo, que son moitos. E que o duiñeiroq ue o noso goberno vai investir neses fastos xacobeos se repart#blgtk08#a entre os parados do país, que son moitos. A igrexa ten cartos de sobra para subvencionar os seus eventos variados, Eva. Tes razón. Que non gasten, logo, os meus, os nosos.
Comentario por Xesús Constela (22-10-2009 11:10)
5 A min o que me sorprende é o tirón que ten o "Ano Xacobeo", coa de séculos que van, sempre que Santiago cadra en domingo (?) a xente vai a moreas polo camiño adiante... Por suposto nunca estiven de acordo co enorme gasto que se fai ¿lembr#blgtk08#ades o tremendo contrato millonario de Julio Iglesias? disque era a imaxe de Galicia (?), non podo facer outra cousa máis que expresarme nestes foros, pero tampouco participo para nada, ir a Santiago e bo, pero calquera época me vai ben.
Comentario por E Carpente (22-10-2009 15:19)
6 Insisto. Quen queira facer o camiño de Santiago no medio que considere máis oportuno pois que o faga, pero un paíso coma o noso non pode facer un malgasto de cartos de semellante tamaño. Paréceme algo así como a Cidade da Cltura maldita, que está a engolir millóns e millóns de euros cando para o#blgtk08#utras cousas non hai. Está ademais o tema do rancio que me resulta esta celebración, que sempre vén da man do PP. Deume non sei que velos a todos o outro día en Santiago na presentación toda a plana maior do facherío patrio reunid en orno ao Xacobeo. Hai que acabar con estas cousas tan casposas.
Comentario por Xesús Constela (22-10-2009 17:48)
7 A ver cando vén alguén que de verdade se encargue de facer c#blgtk08#umprir á ley en torno á laicidade do Estado. Xa me tarda...
Comentario por Eva Lozano (23-10-2009 13:24)
8 Nisto están todos xuntos: comer#blgtk08#ciantes, Igrexa e peregrinos...
Comentario por Guereñu (15-11-2012 21:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal