Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A gran festa da lingua
Aconteceu en Santiago o domingo pasado, 18 de outubro.

A cidadanía manifestouse polo idioma.

Foi unha verdadeira festa, unha inxección de optimismo en medio da escuridade que asolaga o mundo da cultura de nós dende aquel infausto primeiro de marzo no que se celebraron as eleccións que gañou Núñez Feijóo.

Encheuse tres veces a Praza da Quintana.

Non collíamos todos os que alí estabamos.

QUEREMOS GALEGO!

Berramos unha vez e outra máis.

Marabillosas foron as palabras e Avelino Pousa Antelo e Xurxo Souto.

Un día marabilloso!
Que haxa moitos máis!
Que a lingua e nós todos ben o merecemos.
Estou convenciodo de que as cousas poden cambiar para ben dentro dun tempo, igual que o pensa o sociólogo Fermín Bouza na entrevista que publica o semanario A Nosa Terra.
Comentarios (7) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 20-10-2009 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Parabéns polo éxito da manifestación, que tamén puiden ver na tele estatal. O galego non está no seu peor momento, queda claro, e de feito cada vez que sae unha noticia galega no telediario a xente sae fal#blgtk08#ando galego, o que di moito da situación, para min. Agora só fai falla que dentro duns anos o goberno cambie de signo e volva a apoiar a lei do ensino, e así, pasiño a pasiño, chegaremos aínda máis lonxe.
Comentario por Eva Lozano (20-10-2009 19:35)
2 Dentro duns anos vai cambiar o goberno. Estou seguro. Xa non poden estar a facelo peor. Teñen a xente moi cabreada. O do 1 de marzo foi un voto de#blgtk08# castigo ao bipartito por parte de moita xente que nin remotaente pensaba que puidese gañar de novo PP. E agora están arrepentidos. Sei de varios.
Comentario por Xesús Constela (20-10-2009 20:26)
3 Admiro muito as pessoas que lutam por seus ideais. Prossigam lutando... irão com certeza alcança-los!!!#blgtk08#
Desistir jamais... mesmo que passem muitos anos, a herança há de ficar presente entre os nossos.
Comentario por Solange Couto (20-10-2009 21:08)
4 Tes toda a razón d#blgtk08#o mundo, Solange.
Comentario por Xesús Constela (21-10-2009 08:42)
5 Eu tamén estiven en Santiago. Non berrei porque#blgtk08# non andaba mui ben da gorxa pero fixen vulto.
Comentario por paideleo (21-10-2009 11:21)
6 Nada mellor que estar, Paideleo. A clave da manifestación, ou unha elas, foi a altísima e variopinta participac#blgtk08#ión. Foi un verdadeiro golpe no nariz de quen queren acabar con nós: A forza do noso amor non pode ser inútil!
Comentario por Xesús Constela (21-10-2009 16:57)
7 En canto a Gobernos #blgtk08#a realidade é terca.
Comentario por Guereñu (15-11-2012 21:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal