Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Cemiterio de Soria: Tumba de Leonor Izquierdo
Fun unha vez a Soria e procurei o cemiterio, preto daquel olmo seco que cantara Antonio Machado:

Antes que te derribe, olmo del Duero,
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campana,
lanza de carro o yugo de carreta;
antes que rojo en el hogar, mañana,
ardas en alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
olmo, quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,
otro milagro de la primavera.


Procurei o cemiterio, dicía porque, con verdadeiro morbo, quería ver a tumba de Leonor, a esposa do poeta, morta con apenas vinte anos (e con quen casara aos quince, cando el tiña trinta e catro!)

Atopeina. Estaba sinalizada dende a porta mesma do camposanto!

Convertérase nun especie de altar, meta da pregrinación de devotos do poeta. A xente deixara poemas, debuxos, fotografías e escritos enriba do mármore da lápida.
Comentarios (2) - Categoría: De cemiterios - Publicado o 13-10-2009 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A primeira persoa na que pensei ao ler esta entrada foi en Zenobia, a muller de Juan Ramón Jiménez. Sabía da existencia de Leonor, pero non que morrera tan nova, a verdade, nin que casara tamén tan nova, que cousas... Como muller de poeta, de escritor, sempre admirei a Zenobia, tan culta, tan enteira,#blgtk08# tan viaxada, tan traballadora polas boas causas, tan compañeira, tan amada, tan inspiradora... Acabo de reler a súa biografía e merece a pena recordala. Por certo, tamén foi tradutora: de Shakespeare, de Poe, de Tagore... Enterrárona en Puerto Rico, pero cando morreu Juan Ramón trouxéronos a Moguer.
Comentario por Eva Lozano (14-10-2009 09:29)
2 Vaia dúas historias de amor que#blgtk08# acabamos de traer a colación!
Comentario por Xesús Constela (14-10-2009 20:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal