Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Cemiterios na Costa da Morte
Veño de facer unha viaxe á Costa da Morte cun grupo de grandes amigos e, sen planealo nin pretendelo, visitamos varios cemiterios.

É incríbel como cambiaron os tempos no que a enterramentos se refire.

En Lira, onde comezou a visita, hai tumbas de area adornadas con cunchas da praia.

En Carnota o cemiterio sobordou os lindeiros do adro da igrexa.

En Fisterra conviven preto da estrada do faro dous cimeterios: o tradicional, cheo, e o novo, deseñado por César Portela, na fotografía, onde os veciños non queren enterrar os seus mortos, polo que aínda está por estrear.

Rematamos a viaxe na vila de Noia, no cemiterio onde se poden ver as laudas gremiais da Idade Media.

De regreso a casa baixamos ao que queda do vello mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, onde os mortos descansan arrolados polo ruído da auga dunha fervenza.

Que teñan un bo sono!
Comentarios (3) - Categoría: De cemiterios - Publicado o 12-10-2009 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Non sei que teñen os cemiterios que nos atrae... A min encántanme aqueles antigos, como os que atopas en Inglaterra ao redor das igrexas, ou os das capelas de aquí nos que xa non enterran a ninguén e todas as tumbas son antigas. Non me gustan tanto os modernos, aínda que ese das cunchas e #blgtk08#a area debe de ser ben fermoso. O do deseñador de cemiterios aquel non che me gusta nada... Aquí coido que co tempo pasará como en Inglaterra, que, ao icinerarnos, todos os cemiterios quedarán antigos e entón terán aquel encanto. Pero sigo pensando que somos un chisquiño morbosos, non si?
Comentario por Eva Lozano (13-10-2009 19:06)
2 O das cunchas é un cemiterio moi vello que hai arredor da igrexa de Lira. Si somos moi morbosos. Hai algo en todo o relacionado coa morte que nos atrae de verdade#blgtk08# e posibelmente ninguén sexa quen de interpretar moi ben por que. Tes razón niso que dis dos cemierios ingleses. por que non falar de cemiterios así esta semana?
Comentario por Xesús Constela (13-10-2009 21:11)
3 Sei do vanguardista que é César Portela e non opino sobre este tipo de cimiterios porque para soterrar a alguén case vale todo, pero o certo é que fai anos escoitei a unha seño#blgtk08#ra de Finisterre que, a preguntas da perodista, dixo: "Eu para ahí non vou, xa o aviso", coma se ela puidese decidir cando a vida xa non lle acompañase. Resultoume simpática.
Comentario por Guereñu (15-11-2012 20:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal