|
|
|
|
Chove a mares |
|
 É un verán moi estraño este que estamos a vivir.
Xa non pode chover máis.
É unha tristura a chuvia no verán.
A chuvia do verán pon a xente de mal humor.
A chuvia do verán baleira as praias, e as terrazas, e as rúas.
A chuvia do verán fainos ficar na casa a facer actividades de inverno.
Pero ten un arrecendo realmente agradábel, a chuvia do verán.
Aínda así non me gusta.
Veña un grolo polo sol! |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Pois si que ten que ser ben triste, un verán a chover día si e día tamén. Aquí algún día cae un curto chaparrón, tormentiñas de verán, pero en xeral estamos a ter moita #blgtk08#calor e moito sol, que si, agradécese un montón. Cando chove refresca o ambiente e todo arrecende, tes razón, pero claro, o verán é para ir á praia, ao río, á piscina... |
|
|
Comentario por Eva Lozano (22-07-2009 16:44) |
|
|
2 |
Estamos a vivir o verán máis estraño que lembro na miña vida. Xa o pasado foi bastante malo, pero é que hoxe estamos e#blgtk08#n alerta por fortes chuvias! Aínda non houbo dous días seguidos con sol. Ditosa de ti,. Eva, nese teu mundo caloroso. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (22-07-2009 18:16) |
|
|
3 |
Estou a pensar en poñer nos xornais un "se busca" #blgtk08#a ver se é que nalgún sito está extraviado o sol. |
|
|
Comentario por E Carpente (22-07-2009 19:09) |
|
|
4 |
Nunca vivira un verán así de grisallo. Está#blgtk08# claroq ue o sol se perdeu. Cando volverá? |
|
|
Comentario por Xesús Constela (22-07-2009 19:49) |
|
|
5 |
Seica ven celebrar con nos o "día da patria gal#blgtk08#ega", benvido sexa, veña un grolo polo sol!!!! |
|
|
Comentario por E Carpente (23-07-2009 22:00) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|