|
|
|
|
A intimidade das árbores |
|
 As raíces reproducen a forma da árbore debaixo da terra, din os xaponeses cando comezan a deseñar un bonsai.
As raíces son tamén o seu xeito de se aferrar ao chan para non voar nos días de vendaval.
As raíces son a intimidade da árbore, o lugar que escolle para se reunir polas noites consigo mesma e dese xeito poder pensar, afastada completamente das olladas dos demais.
Por iso están agachadas debaixo da herba, no lugar onde a árbore comparte confidencias coas toupeiras, as formigas e as miñocas.
Nada hai mellor no mundo ca unha pouca de intimidade para poder parolar!
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Boas reflexións, Xesús. Algo teñen as raíces de máxico que nos atraen, como fíos transmisores que nos chaman para comunicarnos algo que vén de moi lonxe (no tempo...) E ese diálogo interior que tanto necesitamos... supoñ#blgtk08#o que nós, con todo o noso corpo sobre a terra, só podemos agardar á noite para simular esa íntima escuridade e poder así levar a cabo a ansiada limpeza mental diaria que nos deixa novos para así comezar o día que virá. |
|
|
Comentario por Eva Lozano (04-07-2009 10:25) |
|
|
2 |
Non seremos un pouco#blgtk08#, en parte, árbores? |
|
|
Comentario por Xesús Constela (04-07-2009 11:37) |
|
|
3 |
Pois #blgtk08#si... |
|
|
Comentario por Eva Lozano (05-07-2009 12:23) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|