Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos diálogos de Mariñán
Xa estou de volta de Mariñán!

E aínda teño na boca o bo sabor que me deixou a estadía nos diálogos da Fundación Carlos Casares, a quen volvo agradecer que me convidasen.

En Mariñán houbo momentos para todo, pero quixera resaltar algunhas cousas que nunca vou esquecer:

- a poesía recitada por ela mesma da poeta catalana Laia Noguera, que tamén me agasallou coa súa amizade (Per molts anys!). Recoméndovos o seu libro No et puc dir res.

- A poesía portuguesa de Nuno Judice (especuialmente un poema no que di que o porco vive na caverna de Platón.

- O poema acerca dos paxaros de Kirmen Uribe, que fixo un recital en éuscaro e castelán realmente abraiante, cheo de sorrisos e amizade.

- O xantar compartido, entre outros, con Yolanda Castaño, con quen tiven unha longa e grata parolada.

- A mesa redonda que tiven a honra de moderar
entre José Avello e o meu amigo Antón Riveiro Coello, que estiveron estratosféricos. Foi tan interesante que non houbo tempo para máis intervencións por parte dos asistentes. Saímonos do tempo establecido! (Xa vos contarei)

- A voz de José Saramago, tan velliño como lúcido.

- A boa conversa de María Xosé Queizán, Xavier Rodríguez Baixeras, Gonzalo Navaza, Xurxo Borrazás e Manuel Forcadela entre outros.

- Os paseos polos xardíns do Pazo no tempo de lecer.

- As longas paroladas destiladas até as tantas da mañá.

- A cea na Praza de María Pita d'A Coruña....

Volveremos falar de Mariñán. Por suposto. Queda moito por contar.

Veña un grolo pola Fundación Carlos Casares, en especial por Gustavo e por Kristina!
Comentarios (8) - Categoría: De literatura - Publicado o 08-06-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 que ben vi#blgtk08#ves CABRON
Comentario por (09-06-2009 10:34)
2 Son o da mensaxe anterior. Góstame a tua literatura. Só era para abrir unha porta nova#blgtk08# neste blog, a da ironía. (non quero malos entendidos) Enhoraboa e sege tan feliz..
Comentario por (09-06-2009 11:39)
3 Pois moitas grazas, polo da miña literatura#blgtk08# e tamén pola túa capacidade para a ironía.
Comentario por Xesús Constela (09-06-2009 13:04)
4 A verdade é que o comentario do anónimo é a mellor síntese #blgtk08#do que todos pensamos... Alédome de que o pasases tan ben.
Comentario por Eva Lozano (09-06-2009 17:11)
5 Facédesme sentir un pouco culpábe#blgtk08#l. Non falarei máis de Mariñán.
Comentario por Xesús Constela (09-06-2009 18:37)
6 Non, por favor, queremos saber máis detalles sobre ese encontro!!!! Pensa que é normal que sintamos un chisco de envexa (sa), pero no#blgtk08#n o dicimos por mal, senón por todo o contrario, que nos encanta que ti poidas ir a estes actos, e así poder contárnolos, please!...
Comentario por Eva Lozano (10-06-2009 12:54)
7 Considero que o cualificativo do primeiro comentario é pouco oportuno e a definicion da palabra non é ironica é ofensiva.
Un saúdo forte xesus e #blgtk08#os que che queremos alegrámonos moito de que formes parte dun grupo de escritores que representais o presente e o futuro da lingua galega.
Saúdos
Comentario por Un admirador (10-06-2009 16:46)
8 Grazas mil,#blgtk08# admirador.
Comentario por Xesús Constela (10-06-2009 17:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal