Tiñádelo que ver


Blog do escritor
Xesús Constela

xesusconstela@gmail.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do clube de lectura de Mos
Hoxe compartín unha tarde marabillosa coas máis que agradábeis integrantes do clube de lectura LeMos da biblioteca do IES de Mos para falarmos do Shakespeare destilado.

Ademais de falar compartimos unha caixa de bombóns que estaban boísimos.

Grazas mil a todas!

Grazas a Ana Fidalgo, que é quen leva ese clube con entrega e verdadeira dedicación.

E grazas tamén a Soledad Castro, que publicou na edición impresa d'A Peneira de Louriña este fermoso poema dedicado ao tranvía:

Aquí unha pantasma

O tranvía levou unha mala morte.

Deitouse na vía afogando
os derradeiros alentos,
acarrexando culpa
dunha existencia prolongada.

O tranvía morreu, engulido polo monstro do progreso.

Símbolo dun pasado
por soterrar,
a súa presenza volvouse incómoda, delatora de ecos e realidades obsoletas...

Veña un grolo polo tranvía!
E outro polo LeMos!
Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 04-03-2009 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 Comentario(s)
1 Que nome máis chulo para un clube de lectura! Están moi ben estas iniciativas, e repito, Xesús, n#blgtk08#on te preocupes, porque estas cousas veñen da xente, non do goberno, así que non morrerán nunca.
Comentario por Eva Lozano (05-03-2009 09:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal