Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dende detrás do magnolio

Velaí vos deixo a última fotografía que lle fixen ao meu magnolio xaponés.

Gústame vivir agachado neste lado para poder ver o mundo a través das súas pólas...

Gústame albiscar todo canto existe máis aló do estoupido de cores con que me agasalla cada inverno, xusto neses momentos en que só as plantas valentes se atreven a florecer desafiando as xeadas que as cobren cada noite...

Gústame ese seu xeito de filtrarme a paisaxe para só deixarme ver o que hai máis aló a forza de imaxinación...

Gústame que se espreguice cada mañá perante a casa miña e deixe pasar soamente aquelas determinadas raiolas de sol coas que me agasalla, mestre que é en amenceres e solpores...

Gústame que arrinque do ar a cada momento un suspiro de satisfacción, un murmurio que levaba anos agachado na atmosfera...

Gústame que descifre para min unha e outra vez o seu sutil código de palabras para deixar caer perante os meus pés unha mensaxe nova cada vez que me achego ás súas flores para tocalas...
Comentarios (9) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 27-02-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Que fermosura!A min tamén me gusta observar, e tocar, as flores das amendoeiras que, en catro días, xa saíron e enchen a paisaxe #blgtk08#de alegría e de primavera anticipada. Canto nos dá a natureza, canto perfuma o noso espírito, canto nos ofrece a cambio de nada.
Comentario por Eva Lozano (27-02-2009 19:24)
2 Eva: estabas agachada detrás das pólas do magnolio e eu non o sabía!
Imaxinas a natureza coma filtro do pensame#blgtk08#nto, coma peneira da realidade, coma motor para cifrar e descifrar a nosa relación co mundo?
Sería marabilloso!
Comentario por xesusconstela (27-02-2009 19:28)
3 eu teño unha mimosa, , xa ten froles.... e parece que a todos os da casa entranos unha nova vitalidade cada ano cando a mimosa florece. Tamen polo contraste cas outras á#blgtk08#rbores todavía sen follas...e moi curioso.Dende a fiestra onde a vexo ven de cerca e todo un espectáculo, sorte poder vivir cerca da natureza... A VER QUE VOTADES MAÑÁ!!!
Comentario por BULE BULE (28-02-2009 20:21)
4 No momento de votarmos haberá que ver como se v#blgtk08#e o mundo a través do magnolio en flor.
Comentario por xesusconstela (28-02-2009 21:39)
5 As mimosas, Bule Bule, son tamén valentes e desafían a invernía. E teñen un arecendo que fai sempre pensar que #blgtk08#dun intre a outro a primavera vai deixarnos abraiados (a ver se o simil vale tamén para as eleccións de mañá!)
Comentario por xesusconstela (28-02-2009 21:42)
6 tes moita razón, a mimosa tamen pode sorprender, un ano hasta nevou, e ela ahí chea de neve nas suas froles, non penses ca pobre non as pasou... pero cousas da vida! Nunca pen#blgtk08#sas que podes soportar certa door hasta que non o pasas e despoís podes hasta contalo, e ries,..¡cando pensabas que eso tan malo que che ocurreu, non serías quen de superalo!
Comentario por BULE BULE (28-02-2009 22:16)
7 Cando volva reencarnarme farei#blgtk08#no en magnolio!
Seguro!
Comentario por xesusconstela (01-03-2009 11:50)
8 Cantos recordos da infancia me traen as mimosas... O seu arrecendo, a súa fermosura, o seu xeito de pintar as paisaxes coa #blgtk08#súa brocha de luz. Que bonito é que aínda pensemos nestas cousas, pese a todo, e que lle deamos a importancia que merecen.
Comentario por Eva Lozano (01-03-2009 13:51)
9 Que sería do mundo sen estas flores d#blgtk08#e inverno? Quen pintaría a paisaxe?
Comentario por xesusconstela (01-03-2009 18:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal