Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do lixo electoral
Estamos a vivir unha campaña electoral onde o lixo sobresae por todas partes.

Perante a posibilidade de mesmo comezar (ou continuar?) a se desintegrar como proxecto político en caso de non gañar, o PP intensificou unha campaña de difamación do contrario comezada hai xa varios meses co apoio da prensa máis dereitosa do Estado (La Voz de Galicia, Abc, El Mundo, La Razón...)

Para todos aqueles que teñades dúbidas no intre de irdes votar ou non, ou para aqueles que esteades arrodeados de xente desencantada (ou mesmo esteades desencantados, que motivos non fallan) plantexádevos, por favor, o peor dos escenarios posíbeis: Un PP que recupera o poder con arelas de vinganza.

Pensade na posibilidade de que Corina Porro puidese ser nomeada Conselleira de Cultura.

Votade con sentidiño!

Comentarios (5) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 26-02-2009 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Sr. Constela, ten vostede toda a razón do mundo: a xunta actual é un goberno que necesita sonotone pero que escoita a xente. Sería o mal menor #blgtk08#cando só se pode escoller entre dúas opcións, pq aunque en realidade hai moitas, só unha é a boa: ó resto dan como resultado a elección do PP.
Comentario por Edu (26-02-2009 17:50)
2 Pregúntome se o BNG non tería a ninguén mellor cualificado para lexislar neste país que Bieito Lobeira. Paréceme un despropósito que, despois de ter sentados nun escano a xente da talla de Beiras ou Camilo Nogueira, o deputado con máis lexislaturas no lombo sexa este fulano cun currículo que ca#blgtk08#be en medio folio. Agora anda a presumir de orixes modestas, e do seu antigo traballo como descargador portuario. Todos sabemos que se non ten estudios nin oficio é porque non quixo nunca outra cousa que vivir da política. Como non estar desencantados???
Votarei, si, pero estou farto!!!
Comentario por O'Padín (26-02-2009 18:13)
3 pois tarde piache...

galiza#blgtk08# nom se vende
governe quem governe
Comentario por eu (26-02-2009 18:41)
4 Eu non podo votar porque vivo lonxe da terriña, pero canto me gustaría... Aínda lembro cando ía de apoderada, aqueles momentos do reconto de votos, tanta emoción, que ben que o pasaba... O que nunca en#blgtk08#tendín é que votase tanta xente do estranxeiro, porque se eu agora emigrei a península e non podo, supoño que os outros emigrantes tamén teñen o seu empadronamento nos seus países de residencia, ¿non?
Comentario por Eva Lozano (26-02-2009 19:53)
5 Pois iremos votar e ogallá que todos os que poden votar o fagan. Medo me dan estes que na propaganda din que Chegou o 009, unha ironía cando se fala de espionaxe no seu seo. Cando se basea unha campaña na crítica de gastos no patrimonio da institución e se ten na espalda o Gallás ou as illas Caimán, cando se fala da sep#blgtk08#aración dun candidato e se está tendo que dimitir en cadea aos alcaldes por corruptelas... Ben, agardo que a responsabilidade gañe ao desencanto e cada quen vaia votar. A abstención é darlle unha oportunidade ao PP para voltar e desbaratar todo o que se fixo e por suposto, non dar continuidade ao que estea proxectado.
Comentario por E Carpente (27-02-2009 19:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal