Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Mont de Saint Michel (Normandía - Francia)
De cartón son as ovellas
de mentira,
todas elas
de cartón pedra,
rodeado de mar por todas partes
agás no aparcadoiro
o monte é unha illa,
turistas a gabear polos muros da abadía
O monte é unha illa,
unha illa de cartón
a aboiar polas augas
dos mares de Normandía,
unha illa con ovellas
de mentira.


Rodeada de mar por todas partes
menos por unha que se chama
aparcadoiro
a aboiar suave
polas augas de Normandía
o monte é unha illa
de cartón pedra,
de mentira,
decorado para xaponeses
famentos de fotografías.
De cartón pedra son as ovellas
e de cartón pedra as xentes
que gabean polos muros da abadía.
Comentarios (3) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 25-02-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Será de cartón pedra, pero o certo é que semella un lugar ben curioso e, de feito, fermoso. Está todo coma moi xunto, is#blgtk08#o si, que será por iso que a xente gabea polas paredes, porque non deben caber polas rúas de estreitas que han de ser...
Comentario por Eva Lozano (25-02-2009 12:06)
2 A illa é unha verdadeira fermosura. Pero é un deses lugares tan ateigados de turistas que perde encanto cand#blgtk08#o estás no seu interior. Semella un decorado para fotografiar.
Pero é un lugar singular onde os haxa.
Comentario por xesusconstela (25-02-2009 14:25)
3 Now that you've got an uncertain notion of a lot of these Rolex Replica w#blgtk08#atches, is it not about time you ought to got some of which on your own?
Comentario por Replica Rolex (13-07-2013 05:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal