Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do entroido
Aquí non somos de nadal.
Poucas tradicións galegas hai asociadas ao nadal.

Pero collede o entroido.
Un estoupido de festa nas rúas e nas casas.
A xente bótase a xantar laconadas, a cociñar orellas, filloas e bandullos. Un frenesí de deliciosas sobremesas.

Disfraz, máscara, pantalla... Todo vale a prol da transgresión.

A muller vólvese home
e o home vólvese muller
O vello viaxa polo mundo dos contos
A nena véstese de lambetada
A prostituta faise monxa
O ladrón garda civil...

O entroido petou á miña porta...
E deixeime levar.
Como non?

Comentarios (5) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 23-02-2009 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Ola Xesús e amigos bloqueiros:
O Carnaval está moi arreigado nas nosas tradiciós i e moi extraño que sufra deterioro,levase no conscinte colectivo do gal#blgtk08#ego,tanto na vertinte gastronomica coma na "reprentación teatral na rua" Si,e un recordo constante da nosa identidade,do noso ser.
Apertas agarimosas.
Comentario por Xose Cerdeira (23-02-2009 14:56)
2 moi ben, o das re#blgtk08#ceitas, graciñas
Comentario por bule, bule (23-02-2009 19:56)
3 Eu pensaba que xa non pasaba, pero estes días entereime de que en Galicia os nenos seguen a ter vacacións os días de Carnaval. Que alegría que poidan gozar desta#blgtk08#s festas tantos días. Aquí celebramos o sábado unha festa estupenda e paseino xenial. Facía anos que non o pasaba tan ben polo Entroido, pero xa está, xa pasou.
Comentario por Eva Lozano (23-02-2009 22:50)
4 Se non hai vacacións de entroido comeza unha revolución. Hai anos o mércores non era festivo e os rapaces non viñan a clase porque a festa grande é a do martes pola noite.
O entroido forma parte da xenética dos galegos, coma as lumieiras d#blgtk08#a noite de San Xoán, que é outra das miñas celebracións favoritas. nada mellor ca unhas sardiniñas asadas para esa noite. E logo unha boa queimada! E pola mañá lavarse coa auga de San Xoán.
Alégrome que che gustasen as receitas, bule bule!
Comentario por xesusconstela (24-02-2009 11:20)
5 Ola, enviamos contacto para visita o blog de "O Faiado da Memoria", un espacio para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano.

A pesares de que abarca tan só a zona de influencia de Vilagarcía de Arousa, alí poderás atopar fotografías e información sobre a#blgtk08# vida desde o remate do século XIX, ata os anos oitenta. Con posibilidad de baixar documentos sobre xogos ou libros de apropositos de comenzos do século XX que poden ser de interés para o uso nas actividades escolares.

Gracias pola vosa visita.

www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria
Comentario por antón (01-03-2009 01:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal