Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Agradecemento a X. C. Caneiro
Baixo o título de FELIZ LITERATURA, o pasado 17 de xaneiro publicou Xosé Carlos Caneiro na súa columna "Club Dandi" do suplemento Culturas de La voz de Galicia, o seguinte parágrafo:

"A min sorprendeume moi gratamente Shakespeare destilado de Xesús Constela. É do máis divertido que teño lido nos últimos tempos. Un acopio de lucidez e ironía, de literatura contra a literatura e a favor dela. Novela ebria, caótica en ocasións, monologática e en bucle. Intensa na súa brevidade, plena de risa. Aire fresco. Unha lectura cómoda, áxil, febril en ocasións pola voz magnífica do narrador. Recomendo con ansia este texto, que se nos queda escaso na súa extensión, que é un dos varios que propuxo Galaxia para pechar 2008 e iniciar este 2009 con fruición literaria."

Grazas, Caneiro. De todo corazón!
Comentarios (2) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-02-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Totalmente certo todo o que di Caneiro da túa obra. É unha lectura amena, que agradezo coma lectora, que non soltas se non é estrictamente necesario e que seguirías a ler se fose catro veces máis extensa, ou máis... É xenial. Agora paseille o libro á miña mello#blgtk08#r amiga. É catalana e grazas aos libros de Francisco Castro aprendeu a ler en galego o ano pasado e agora encántalle ir ampliando o seu vocabulario lendo en galego. Ás veces tamén entra nos vosos blogs, a Núria, e pouco a pouco acabaremos falando galego e todo.
Comentario por Eva Lozano (11-02-2009 00:41)
2 Para que logo digan os daquí que é difícil!
Grazas polo que dis do Shakespeare. É un pracer que os lectores estean contigo. Unha vez que un libro se edita xa non é do autor. E se ten o visto bo dos lectores é un agasallo para un escritor.
O libro ten esa extensón exacta porque adoro que a xente fique co#blgtk08#n necesidade de ler máis. Como lector gústanme os libros nos que sinto que non sobra ningunha cousa. Por iso os libros longos e bos son gran literatura. Odio esas novelas que parece que se venden ao peso e logo cando entras nelas vas sentindo que sobraban páxinas e máis páxinas.
Dálle ánimo á túa amiga Núria.
Comentario por xesusconstela (11-02-2009 12:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0