Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Goran Bregovic: Bubamara
A bubamara é música de festa zíngara .

A versión que vos propoño é de Goran Bregovic e pertence á banda sonora da película Gato negro, gato branco, de Emir Kusturica, á que pertencen as imaxes.







Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 09-02-2009 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Lémbrame á música que escoitei na celebración dun bautizo dunha neniña rumana, ao que fomos hai un par de anos. Xa sei que Bregovic é de Bosnia, pero a música de toda Europa do Leste supoño que ten moito en común, porque de feito tamén recorda un pouco á soviética. Todo isto dentro da miña incultura musical deses lares, que conste.
Outra cousa. Onte entereime de que estás apuntado a un curso de formación que fan os meus tíos (Nardo e Ángeles). ¿Ves? Ese Nardo Carpente era do que che falaba nunha ocasión, que está metido en moitas cousas culturais. Foi dos fundadores de Educadores pola Paz, el é mestre, e fai cursos de escritura creativa e tamén de monecos e cousas así. Eu vivín de pequena un ano con el, e foi moi instructivo. De feito pasei o 23-F nesa época, que xusto era o meu cumpreanos (e segue a ser), e sempre que se aprox#blgtk08#ima a data lémbrome daqueles tempos. Onte chamoume a miña tía porque ao ver que te apuntaras entrou neste blog e viu que falabas do meu artigo e que eu participaba, e pensou que o mundo é moi pequeno... Claro, ela non pensaba que ao entrar atoparía "Eva Lozano" nunha entrada e fíxolle moita gracia. Pois nada, que o pases moi ben co curso, que non o dubido, e se queres un libro interesante sobre o tema: "Gramática Insubordinada", deles mesmos, editado por Xerais. É unha boa recopilación de técnicas, con moitos exemplos e ilustracións da miña tía Bene, muller de Nardo, que tamén me ilustrou o meu primeiro conto: La Meiga Sabela, e que fai unha debuxos fermosísimos. Está xenial o libro. A min valeume de moito para facer o ano pasado unhas sesións de escritura creativa na escola da miña filla, no día de Sant Jordi. Xa sabes, a pasalo ben!
Comentario por Eva Lozano (10-02-2009 11:39)
2 Pois si que é pequeno o mundo! farei todo o posíbel por ler#blgtk08# esa "Gramática insubordinada". O círculo vaise pechando...
Comentario por xesusconstela (10-02-2009 13:15)
3 Por certo, que onde podo conseguir unha co#blgtk08#pia d'A meiga Sabela? Está nas librarías?
Comentario por xesusconstela (10-02-2009 13:16)
4 Desgraciadamente, ou afortunadamente, esgotouse. Non sei se aínda quedará algún exemplar nalgunha librería. Si que o teñen na biblioteca de Ponteareas, por exemplo, onde fixen unha das presentacións, e algunhas#blgtk08# escolas empregárono, xa que ten unha guía didáctica para traballar cos nenos. Mirarei se che atopo algún por aquí. O conto é en castelán, por certo. Deixei a palabra "meiga" porque se entende perfectamente...
Comentario por Eva Lozano (10-02-2009 13:22)
5 Atopareino, Eva. Farei #blgtk08#o posíbel e atopareino.
Comentario por xesusconstela (10-02-2009 19:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0