Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Eluana Englaro

Eluana Englaro aínda non ten vinte e nove anos.
Vainos facer en novembro.
Leva dezasete en estado de coma vexetativo logo dun accidente de coche.

Postrada nunha cama de hospital, seu pai conseguiu da Xustiza Italiana o dereito a "desconectala" para deixala morrer con dignidade.

Silvio Berlusconi négase a asinar a autorización para que os médicos poidan facelo.

O Vaticano, como era de agardar, oponse frontalmente ao que considera unha aberración.

Mesmo as monxas da clínica Beato Luigi Talamoni, en Lecco (norte de Italia) piden poder seguir a coidala.
"Se hai quen a considera morta, que deixe que Eluana permaneza connosco, que a sentimos viva"

Ábrese o debate!


Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 06-02-2009 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Creo que decidirmos se un ser humano debe vivir ou debe morrer debería ser, cando menos, fruto dunha profunda reflexión e meditación, de xeito que pudésemos obrar sempre en conciencia. Mais para unha #blgtk08#mentalidade relixiosa se trata dun falso debate porque non existe o dereito a matar, nin siquera a matar en conciencia, do mesmo xeito que nos resulta repugnante a aplicación da pena de morte.
Comentario por Paco Campos (07-02-2009 04:02)
2 Ola Xesus e amigos Bloqueiros:
Os pais queren que morra ,debido a circunstancia especiais,a Xusticia tenno claro, é Berlusconi e o Vaticano non estan dacordo..O Vaticano....¿move un dedo ante o comportamenteo de Berlucni coa a emigración?¡o Vaticano move un dedo pra que en estos momentos está morrendo nenos,mulleres en Africa?¡O Vaticano move un dedo pra que o chaboli#blgtk08#smo que existe moi cerca deles,non morra xente todolos dias?¿o Vaticano move un dedo pra que non morran nenos por mágoa do negocio da droga?...e moitas mais preguntaS...cinismo,hiprocresia e o que ten o Vaticano...claro si se aproba a Eutanasia a Relixión vai inda mais pendente abaixo.Berlusconi ,no me extraña ..!e o demo en persoa!.
apertas agarimosas
Comentario por xose Cerdeira (07-02-2009 22:50)
3 É unha cuestión moi delicada, desde logo. A familia debería ter neste caso a última palabra, e sobre todo non se deberían meter polo medio nin a Iglesia nin o Berlusconi ese que cada vez que abre a boca bota serpes. A decisión da familia é, sen dúbida, moi reflexionada, moi pensada, moi lóxica dentro da situación, se ven que non hai esperanzas. O malo das es#blgtk08#peranzas é que coido que é moi difícil esgotalas, porque a ciencia avanza, porque nunca se sabe o que poden descubrir, por mil razóns, pero o caso de Eluana pode que non teña xa nin a máis mínima esperanza, e que desgraciadamente a familia teña razón e o máis axeitado sexa a desconexión. Unha mágoa e unha decisión terrible a que tomou a familia, durísima...
Comentario por Eva Lozano (08-02-2009 17:23)
4 Grazas mil aos tres p#blgtk08#or abrirdes o debate!
Comentario por xesusconstela (09-02-2009 11:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0