|
|
|
|
aquela cidade perdida |
|
 Esta foto, feita nun taboleiro de cortiza nunha clase do IES de POIO na mañá do día de hoxe, 16 de decembro de 2014, inspirou este texto:
aquela cidade perdida
moito perderamos o tempo
na procura da cidade
que non dabamos atopado
vacilabamos
pero que camiño tiñamos que coller?
só encontrabamos paisaxes
onde o millo era amarelo,
a terra era redonda
e o mar cheiraba a salitre.
a cidade eramos nós
simplemente nós
e nese noso recuncho
a terra resultou ser un cadrado perfecto
o millo sempre tivera o cheiro do salitre
e o mar era un estoupido de reflexos amarelos
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Fermoso resumo#blgtk08# dunha vida... |
|
|
Comentario por Eva Lozano (16-12-2014 20:31) |
|
|
2 |
Un grolo polas cousa #blgtk08#imperfectas!
|
|
|
Comentario por Eva Carpente (16-12-2014 22:45) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|