|
|
|
De vagar |
|
No verán de 2013 na cidade portuguesa de Viana do Castelo fixen esta foto no interior do barco Gil Eanes e a partires dela naceu o texto que vos presento, titulado De vagar.
pouquiño a pouco
paseniño
de vagar
así foi como descubrimos que as palabras nosas eran (quizais) as mesmas
a mesma cor
o mesmo son
que as mans nosas eran quen de se entrelazar
(dedo a dedo)
unha morea de veces máis
que a respiración nosa era canto acompasado
anuncio de moitos abrentes que (aínda) habían de chegar
foi así
pouquiño a pouco
paseniño
de vagar
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Pouco a pouco. Sen #blgtk08#máis.
Bicos |
|
|
Comentario por Concha (26-11-2014 21:32) |
|
|
2 |
A partires desta lectura túa e mirando a imaxe a verdade é que eu iría un chisco máis lonxe... As etiquetas da máquina serven#blgtk08# para algo máis concreto non si? jajaja estou coma unha cabra xa o sei!! Un grolo pola maquiniña, pidámoslle unha aos reis!!! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (27-11-2014 10:21) |
|
|
3 |
Non estás coma unha cabra, Eva... as #blgtk08#etiquetas serven para ir máis lonxe! |
|
|
Comentario por Xesús Constela (27-11-2014 21:02) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|