Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

meeting point

Na praia d?A Lanzada, no concello d?O Grove, un 5 de marzo de 2011 soleado e con marea baixa, descubrín o meu meeting point particular, ese lugar segredo onde poder fuxir para reencontrarme comigo mesmo:

meeting point

pedra
rocha
area
son illa agachada en algas
letra que navega
emancipada das escravitudes da ortografía
(velaquí o meu espazo máis privado e máis íntimo
o paraíso para me adurmiñar despois da singradura)
son gamela
caiuco que foxe do lento ronsel das despedidas
parágrafo maldito
no mar interminábel das frases feitas
(velaquí o meu corazón que latexa
aurículas de area
ventrículos de salitre)
serei onda cando canse
mergullareime
silandeiro
no mar máis fondo
no océano máis infindo
son pedra
son rocha
son illa
(velaquí o meu acubillo máis prezado
o meu punto de encontro
o meu paraíso)
Comentarios (1) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 19-09-2014 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por eva c (20-09-2014 17:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0