|
|
|
|
Columpios para soñar |
|
 O domingo pasado morreu meu pai (así é a vida) e estiven a dar voltas á imaxe súa que máis me gustaría gardar coma un tesouro na memoria... e decidín que tiña que ser esta: trátase dunha eira en Meirás, no Concello de Valdoviño. Non sei que ano podía ser, quizais 1965 ou 1966. Eu debía de ter dous ou tres anos e el estaba a dar os últimos toques a un columpio construído cunha simple corda e unha táboa para cocer empanadas no forno. Por que escollín esta imaxe, pensaredes... pois porque meu pai éravos un home aparentemente moi normal... pero asegúrovos que era tan grande que con simples táboas de cocer empanadas sempre foi capaz de construir columpios que permitían soñar!!! |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Síntoo. Sempre é duro #blgtk08#perder un ser querido. |
|
|
Comentario por paideleo (24-09-2013 23:03) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|