|
|
|
Niño baleiro |
|
velaquí o niño baleiro que quedou entre as follas da nosa hedra...
(o plató logo da rodaxe da película)
(o salón despois do baile)
(o escenario logo da ópera)
(a praia cando caeu a noite)
(o porto cando marchou o barco)
(o camiño logo de pasar o carro dos comediantes)
(a pista cando acabou a sesión e circo)
un espazo que quizais aínda conserva a calor da vida...
un espazo para sempre sen chíos nin bocas abertas a agradar pola comida...
un espazo con saudade dos tres melriños que o habitaron ao longo de trece días...
un espazo perfectamente deseñado, perfectamente construído, perfectamente habitado...
un espazo que áinda non ousamos tocar porque sentimos que non é noso por moito que estea construído na nosa hedra, no noso xardín, na nosa casa,
na nosa vida. |
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Foi bonito telos aí e moi fermoso o teu seguimento pero os paxariños comezan unha #blgtk08#nova vida!!! Un grolo por eles e polas aventuras que xa deben de estar vivindo!!! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (30-05-2013 15:33) |
|
|
2 |
Fermoso seguir o teu relato de vida. Esperanzad#blgtk08#or neste noxento intre de cousas feas. Grazas |
|
|
Comentario por E. Carpente (30-05-2013 16:25) |
|
|
3 |
Pois é unha histori#blgtk08#a cun final feliz. |
|
|
Comentario por paideleo (02-06-2013 01:01) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|