Non podo de ningún xeito agachar que me produce un aquel de mágoa que os melriños marchen...
pero así é o conto, así é a natureza (con todo aquilo de nada se crea nin se destrúe, só se transforma e aquilo de todo nace, medra e morre)
Pois niso estamos, no de medrar!
Xa só fica un paxaro no niño e vai marchar dun momento a outro coma os seus irmáns para comezar unha vida en solitario, dde momento baixo a atenta e protectora vixianza dos pais...
Boa viaxe!
Foi un pracer que nacérades na hedra do nosos xardín...
Unha experiencia inesquecíbel de verdade.
Quizais teña que vos dar as grazas.
Grazas por nos deixar compartir estes extraordinarios momentos...