|
|
|
|
Preparados para marchar |
|
O domingo pasado os melriños fixeron trece días de idade.
Iso para un humano non é nada nadiña...
Pero para un melro significa que chegou un crucial momento na súa vida: o momento de abandonar o niño.
Veredes como aconteceu:
O sábado pola noite a miña filla díxonos que pola tarde un dos melriños estaba fóra do niño pousado nunha poliña da hedra.
O domingo pola mañá volvía estar dentro dun niño no que xa non collía porque el e os seus irmáns medraran unha barbaridade.
O domingo pola tarde decidíu botarse ao chan pero nós (humanios que non entendiamos que aos trece días un melriño abandona o niño) interpretamos que caera.
Teño tres cans que tolearon cando viron aquel paxaro a intentar escapar de nós polo xardín adiante incapaz totalmente de voar e movendo as ás dun xeito realmente ridículo.
Por fin, moi ao seu pesar, fomos capaces de rescatalo das fauces dos cans e Maca o tiña protexido entre as mans.
Cando volveu pousalo no niño cos seus irmáns o melriño, teimudo, deu un chimpo e volveu botarse ao chan, polo que tivemos que rescatalo de novo e procurar un xeito de manter o niño a salvo dos cans (tarefa difícil onde as haxa).
Os cans non se decataran de que había un niño de melros agachado entre as follas da nosa hedra e agora que por fin viran (e cheiraran) un melriño teimaban en intentar chegar a el para collelo.
Entrementres os pais voaban enlouquecidos por riba da casa chiando con toda a forza de que eran capaces para que os tres filliños lles contestasen.
Ás oito do serán o melriño que quería escapar conseguiu por fin facelo. Dende a parte de diante da casa podiamos escoitar con claridade a conversa que mantiña cos pais dende dentro dunha silveira ao outro lado da estrada.
Que estaria a contarlles?
Que por fin se sentía maior e xa non necesitaba deles?
Quen sabe?
Protéxete ben, melriño, anda con moito coidado das pegas.
Que teñas doces vóos e unha boa vida! |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Un gran momento, sen dúbida!! Que ceos voará??? Se o#blgtk08# vexo por aquí aviso!! Groliños polos melros todos!! |
|
|
Comentario por Eva Lozano (28-05-2013 19:20) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|