Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Feitos e dereitos
Feito e dereito.

Iso é o que se di dun home cando xa madurou: un home feito e dereito.

Ou dunha muller: unha muller feita e dereita.

Mesmo se usa esa expresión para falarmos dunha persoa no seu proceso de maduración.

Os tres melriños están, entón, feitos e dereitos. Son adolescentes de pleno dereito (outra expresión que se usa moitas veces)

Quen sabe as conversas que terán entre eles?
Quen sabe da arrogancia con que lles falarán aos pais, entregados aínda a procurarlles comida e a defendelos das teimudas pegas que os axexan?

Ollade esas caras que parecen dicir. Que estás a mirar? Non tes nada mellor que facer? O niño é noso e ti aquí non pintas nada.

Dentro de nada xa non van coller nese espazo que os acolle dende hai dez días, os que tiñan cando está sacada esta foto, o pasado vinte e tres de maio.

Dentro de nada non teremos no xardín nada máis que un niño baleiro.
Comentarios (0) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 27-05-2013 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal