Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Chegan as plumas
Chegan as plumas e as ás xa parecen verdadeiras ás...

Isto vai a unha velocidade enrome!

Agora as tres formas estrañas (e feas, por que non dicilo?) que apareceron no niño hai seis días xa teñen forma e pinta de paxaros!

Vou dedicarlles as catro primeiras estrofas do poema Trece xeitos de ollar un merlo de Wallace Stevens, un escritor americano da primeira metade do século XX, contemporáneo de T. S. Elliot.

Velaquí, entón, en tradución miña, os catro primeiros xeitos de ollar un merlo:

1
En medio de vinte montes nevados
o único que se movía
era o ollo dun merlo.

2
Eu era de tres pareceres,
coma unha árbore
na que hai tres merlos.

3
O merlo caracoleaba nos ventos do outono.
Era unha parte moi breve da pantomima.

4
Un home e unha muller
son un.
Un home e unha muller e un merlo
son un.


Cando leades estes versos tede, por favor, na mente os tres melriños do noso xardín.
Comentarios (1) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 20-05-2013 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Pois si que teñen forma de paxaros adultos!! Fermoso o#blgtk08# ollar de Wallace, que xeito de observar, sentindo...
Comentario por Eva Lozano (24-05-2013 11:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal