Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A durmir mentres os pais traballan sen descanso.
Ollade que fermosura os tres melriños a durmir...

Xa son máis do dobre que cando naceron! e xa van tendo realmente pintas de paxaros. De seguro que van ser tres melros moi fermosos!

Dá gusto velos durmir con eses seus non-ollos sempre pechados.

O que está na parte superior da foto, Leroy, agasalla cunha pracidez que dá envexa, non credes?

Que me dicides desas extremidades que xa van collendo a forma dunhas ás que lles van permitir o gran pracer de voar?

Entrementres os melriños durmen arrecunchados no pracer do niño...

Os pais teñen desenvolven unha actividade frenética.
Non paran!

Mamá melra ten unha cor acastañada moi escura e é un pouco maís pequena que papá melro. Pero non por iso é menos forte, non vaiades pensar!

E a que se dedican ao longo do día?

Visitan o niño por quendas con comida nos bicos para lles dar aos seus tres voraces pequenos.

Iso por unha banda, porque por outra realizan unhas fatigosas tarefas de vixianza.

Non hai unha soa pega que se achegue ao noso xardín que non teña que escapar a toda velocidade pola presión exercida polos melros...

Pai e nai se botan contra delas a toda velocidade até que xa se perderon na disatancia.

Iso é amor.

Amor en estado puro!

*A imaxe que achego, feita co móbil para non asustar os pais con flashes de cámara corresponde ao día dezaoito de maio, onte. Os melriños tiñan cinco días.
Comentarios (3) - Categoría: melros melriños... - Publicado o 19-05-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Impressionante como eles se modificam a cada dia! E como são ternos!!
A jornada de trabalho destes pais é mesmo incansá#blgtk08#vel! Trabalham numa harmonia contagiosa para seus filhotes sobreviverem e, com certeza irão protegê-los com "garras e bicos"!
Comentario por Solange Villamar Couto (19-05-2013 22:13)
2 Tremenda a natureza, o instinto, a maternidade, a paternidade, o am#blgtk08#or... Ao final temos un Leroy e que máis? Como se chaman os outros?
Comentario por Eva Lozano (20-05-2013 10:53)
3 Aínda non teñen nome todos. Pensei enm Leroy para un e Chucho para outro. O terceiro, ou terceira, aínda non#blgtk08# ten. A verdade é que nunca vira tan de preto a evolución dunha ave. É coma vivir en directo un documental.
Comentario por Xesús Constela (20-05-2013 16:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal