Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Agradecemento a Roberto Vidal Bolaño
Tiña eu así como quince ou dezaseis anos (xa non lembro) e aquilo era o que hoxe é o Instituto Sofía Casanova de Ferrol (daquela Instituto Feminino).

A cooperativa Teatro do Estaribel (Andrómena e Antroido) tivera a iniciativa de facer teatro cinco días seguidos por ver de conseguir un teatro estábel nas cidades de Galicia.

Representaban a marabillosa Bailadela da morte ditosa do sempre grande Roberto Vidal Bolaño. Actuaban Bernaldo Corral, Luma Gómez, Miguel Insua, Laura Ponte e o propio Roberto Vidal Bolaño e dirixía Eduardo Alonso.

Os meus ollos adolescentes leváronme a vela dous días seguidos. Tan fermosa me pareceu!

Lembro con perfecta claridade aquela escenografía que rozaba a perfección montada encol dunha especie de enorme cama elástica...

Quizais querías facernos ver que a vida é tamén unha sorte de retorto camiño que nin é chan nin é sólido...

(Teño gardado o programa de man coma un grandioso tesouro)

Grazas de corazón, Roberto, finado tan novo que non puidemos seguir a gozar da túa man de artesán da palabra e do xesto, artesán do TEATRO con enormes letras maiúsculas!
Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-05-2013 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal