Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do día das Letras
Por un Día das Letras non festivo
Por un Día das Letras de librarías abertas
Por un Día das Letras con libros na rúa
Por un Día das Letras dedicado aos autores vivos...

Achégovos o artigo que publiquei en Sermos Galiza hai dezanove días:

Vaia por diante que non me gusta que se celebre un Día das Letras Galegas, e moito menos que a xornada sexa festiva. Non me gusta nada.

Non me gusta que os xornais que ao longo do ano levan todo o seu contido en castelán ese día publiquen as portadas en galego coma unha concesión á cultura de nós. Paréceme unha tomadura de pelo!

Non me gusta que se conmemore a morte de alguén falecido como mínimo dez anos antes porque odio esa cultura funeraria. E ódioa porque son partidario das homenaxes para as persoas vivas, especialmente para todas esas persoas que con vida tecen nas mans poemas, novelas, obras de teatro, ensaios tamén abraiantemente cheos de vida.

Como pode ser que neste país de nós non exista un gran premio nacional de literatura para todas esas persoas que consagran a vida enteira a nos facer gozar do seu traballo de calidade inmensa? E non falo dun recoñecemento honorífico (que está moi ben) senón dun galardón dotado cunha boa cantidade de cartos que sirvan para expresar o agradecemento do pobo todo ao labor de poetas, narradores, ensaístas, dramaturgos, literatos en fin, que con eorme dignidade van deixar a súa pegada na nosa historia común?

Non me gusta o Día das Letras Galegas. Nin o nome me gusta.

E aínda me gusta menos que se declare festivo porque iso supón que para a meirande parte da poboación acabe convertida nun día de sol e praia.

Sinto unha tremenda envexa desas rúas da cidade de Barcelona ateigadas de xente a comprar libros o vinte e tres de abril na Diada de Sant Jordi (O ano pasado arredor de millón e medio de exemplares!). E sinto unha envexa que é directamente proporcional á mágoa que me dá ver as librarías de nós todas pechadas nese maldito Dia das Letras Galegas festivo!

Nada. Non me gusta nada!
Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-05-2013 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Tes toda a razón! Eu penso que debería de ser festivo para todos menos para as librerías, que abrirían ben contentas de saberen que venderán polo menos un libro por habitante!! Aquí tamén o dicimos, porque a xente que traballa non ten moito tempo para ir á feira da súa cidade, ainda que se non poden ir é que xa compraron o libro e a rosa outro día. Case un mes antes xa tes libros a vender ata no súper!! As vendas dese día, sen contar as dos d#blgtk08#ías anteriores e posteriores, superan case ás do ano enteiro, é unha pasada!! Un día do libro coas librerías pechadas non ten sentido, pero tamén habería que crear unha tradición, un costume de regalar sempre un libro aos que queremos nesta data e non simplemente convertilo nun día festivo e punto. un grolo ben grande polas Letras Galegas e esperemos que a alguén das grandes esferas se lle ocurra convertilo no que en realidade debería ser!!!
Comentario por Eva Lozano (20-05-2013 10:49)
2 Librarías abertas e autores a asinar por todas partes, aínda que sexa só un exemplar. A industria editorial, os autores, as librarías, os distribuidores... neste país necesitan un gran impulso. E si. Vivan as Letras Galegas! Nec#blgtk08#esítase un bo escaparate para autores vivos e menos cultura funeraria. Fíxate. Vidal Bolaño estaba vetado polo goberno de Fraga, polos mesmos que agora lle fan homenaxes. Se chega a estar vivo nin homenaxes nin nada! Indignante!
Comentario por Xesús Constela (20-05-2013 16:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal