Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O Hotel do Parque en Caldas do Gêres

Só agardo que isto non sexa un símbolo deste Portugal de hoxe esganado polo gran capital (un símbolo de todos nós, quizais, á fin e ao cabo)

Onte tiven o pracer inmenso de pasear pola Vila de Caldas do Gêres, no interior do Parque Nacional da Peneda-Gêres no norde de Portugal.

E din de bruzos con este hotel ruinoso á beira da estrada que serve de entrada á vila: O Hotel do Parque, símbolo dun antigo esplendor de ricachos que acudían ás termas para beberen as augas, descansar e intercambiar conversa.

Hoxe polos seus cuartos camiñan pantasmas (e ratas, supoño). Supoño que se pegamos ben as orellas ás portas para sempre fechadas poderemos oír milleiros de confidencias que haberían deixarnos coa bocas abertas de par en par.

Cantas historias non se poderían escribir de sermos quen de escoitar esas converas!

Cantas!

Como en medio dun neboeiro abriría de novo as súas portas o Hotel de Parque, achegaríase ao noso taxi un conserxe perfeitamente uniformado e collería as nosas equipaxes coa chave do cuarto xa preparada na man...

Pero ao pouco de entrarmos veriamos como ese conserxe non era maís ca unha morea de pó que se iría esluíndo no ar a medida que camiñabamos polo corredor...

Decatariamonos entón de que estabamos atrapados para sempre

pola forza inesgotábel das lembranzas...
Comentarios (4) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 07-10-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Supoño que coñeces o de Mondariz... Cando era pequena iamos ás ruinas que quedaron despois de queimarse no 73, o ano en que nacín. Encantábame pasear po#blgtk08#los xardíns, era un lugar moi fermoso. A última vez que fun xa estaba totalmente reformado, por fin, e a verdade é que todo o entorno é unha marabilla!!
Comentario por Eva Lozano (11-10-2012 12:53)
2 Por suposto que coñezo esas ruínas. Teño pasado tardes#blgtk08# inesquecíbeis nese lugar tan cheo tamén de pantasmas.
Comentario por Xesús Constela (11-10-2012 18:48)
3 Fai tempo que non vou polo #blgtk08#Gerês. Boa idea... Guereñu.
Comentario por (05-11-2012 23:54)
4 Now that you've got an uncertain notion of a lot of these Rolex Replica w#blgtk08#atches, is it not about time you ought to got some of which on your own?
Comentario por Replica Rolex (13-07-2013 05:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal