Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As tres BBB ou La casa de los novios
hai portas que son coma o túnel do tempo

fóra chove, dentro vai calor

ou ao contrario, choverá no interior mentres suamos no exterior?

cantos pasos atrás darán as agullas dos reloxos cando crucemos esa reixa estea aberta e poidamos internarnos no escuro bandullo do pasado?

hai lugares que se resisten a esmorecer (se non naceron xa esmorecidos)

Onte, na cidade de Vigo, co gran Anxo Cabada (a quen agradezo o roteiro que me fixo polas ruínas e tamén polas belezas da cidade) estivemos a nos deixar levar polo maxín ás portas desta tenda da rúa Policarpo Sanz.

Las tres BBB ou tamén La casa de los novios...

Dos noivos cadáver quizais?

Ai do tempo, que caprichoso!

(Por certo, que a foto é de Anxo Cabada)
Comentarios (2) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 29-09-2012 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Coñezo esa tenda! Lembro pasar por aí cando era nena, e o tarde que aprendín#blgtk08# que as 3 BBB significaban "bo", "bonito" e "barato", que graza me fixo!!!!
Comentario por Eva Lozano (01-10-2012 19:16)
2 Pasei unha tarde (e un serán e unha noite) formidábel que acabou xusto debaixo desta tenda cando volvín ao aparcadoiro o#blgtk08#nde deixara o meu coche, xusto en fronte desta tenda, que non cambiou dende hai séculos! Boa, bonita e barata. Si señor!
Comentario por Xesús Constela (01-10-2012 19:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal