Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos libros nos andeis das librarías
Velaquí unha fotografía que fixo meu fillo nunha libraría da cidade de Vigo hoxe pola mañá: a miña novela 15.724 comparte andel con Agustín Fernández Paz, Pere Tobaruela e Valentín Paz Andrade...

Vaia honra, non?

Imaxinades que pasaría se de verdade, tal como conto no meu Libro das alquimias os libros tivesen a capacidade de voar?

E se puidesen tamén falar?

Que lle contaría o protagonista de 15.724, Samuel R. aos personaxes dos outros libros cos que compartiría conversa?

De seguro que cando o último empregado sae desa libraría de Vigo e fecha a porta até a mañá seguinte os libros dos andeis todos comezan unhas conversas que nos deixarían abraiados a nós, os seus autores.

Canto daría por poder escoitalas!
Comentarios (0) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 02-06-2012 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal