Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos soños de dous amigos
Dous amigos veñen de dicirme que soñaron comigo nos últimos días (o cal é unha honra!)

Un soñou que eu aparecía por riba dun outeiro nunha noite moi escura na que no ceo brilaban dúas lúas xemelgas (coma na novela de Murakami)...

O outro contoume que nunha libraría de París dixéranlle que non era posíbel que eu acabara de publicar un libro porque Xesús Constela xa non vivía na Finlandia.
Polo visto Xesús Constela fixera crer a todo o mundo alá na Finlandia que morrera nun accidente de tráfico...
E agora estaba agachado por estes lares para publicar en galego!

Que retorto, pero que delicioso, é o mundo dos soños e do subconsciente.

Bendito sexas, Sigmund Freud!

Marcho para Finlandia...
Veña un grolo polas súas dúas lúas!

Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 25-05-2012 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Quanto mistério atrás de um sonho, verdade?
Quantas vezes ele transforma-se em um desejo intenso e vivo, e, quantas outras também, queremos que ele nunca tivesse acontecido!
Muitas vezes procura-se respostas para os sonhos, mas,não encontramos e, outras vezes (já me aconteceu#blgtk08#), de acordar no meio de um e, querer dar continuidade para que ele termine com outro final.
Enfim, considero magnífico o poder da mente e também o pensamento de Freud, quando afirma que o sonho é a camada mais profunda da mente humana!
Un grolo polas dúas lúas!

Comentario por Solange Villamar Couto (25-05-2012 17:49)
2 Os dsoños, penso eu, son retallos perdidos e inconexos do nosos subconsciente, dos nosos xogos neuronais, que pola noite, cando non estamos apensar no que desexamos pensar, agroman e aboian por r#blgtk08#iba das nosas camas á procura dun xeito de se conectar para formaren un discurso coherente. E iso nunca se consigue. Os soños son o mellor manancial de historias que pode existir! Benvidos sexan!
Comentario por Xesús Constela (25-05-2012 18:41)
3 Para min son unha absoluta vida paralela. Os meus soños son moi reais, historias de verdade, historias lúcidas, algunhas veces, ata o punto de, como comenta Solange, poder despertar e volver durmir para acabar o soño xa comezado... Nos soños todo pode acontecer, podes viaxar alá onde ti queiras, podes coñecer xente estupenda, podes volver vivir unhas horas, ou uns minutos,#blgtk08# porque o tempo non existe, con aquelas persoas que xa non están con nós, podes volver a abrazalas, a escoitalas... Para min os soños son fundamentais, enchen a miña alma de maxia e fanme sentir moi ben. Poucas veces me agobian, pero algunha vez tamén pode pasar, aínda que polo xeral son experiencias únicas!! Un grolo, entón, polas dúas lúas, e por Finlandia, claro está!!
Comentario por Eva Lozano (26-05-2012 10:05)
4 Que comentarios mai#blgtk08#s interesantes!!!.
Comentario por E. Carpente (26-05-2012 23:31)
5 Eva: comparto perfectamente as túas opinións. Non podería vivir sen soñar. De ningunha maneira. E non falo no senso metafórico da palabr#blgtk08#a, senón no seu aspecto máis real: sería como se me amputasen algo, quizais a capacidade de pensar, de transformar a realidade e pensar!
Comentario por Xesús Constela (27-05-2012 13:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal