Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do Atlas-Géographie da Librairie Catholique de Lyon
Vouvos falar dun libro que merquei hai moitos anos nun mercado de vello de Barcelona, quizais nalgún posto do Mercat de Sant antoni, onde os domingos os libreiros de vello ocupan os postos onde por semana se venden produtos frescos.

Trátase do Atlas-Géographie da Librairie Catholique de Lyon, un curso elemental de xeografía editado na cidade de Lyon no ano 1920.

É unha xoia.

E é unha xoia porque do mundo que reflicte xa non queda nada.
Europa (agás Iugoslavia e a Checoslovaquia) as Américas e Australia eran xa o mesmo que son agora…

Pero África e Asia non se parecen en nada ao que hoxendía aparece nos mapas.

Persia, o Imperio das Indias, Indochina, Siam…

Río de Oro, o Congo Belga, Rhodesia, o Sudán Francés…

Están cheos os mapas de cicatrices que deixaron as grandes colonizacións!

O libro é unha lección de historia e unha verdadeira gozada!
Comentarios (2) - Categoría: Libros antigos da miña biblioteca - Publicado o 22-05-2012 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Estes livros antigos trazem informações valiosíssimas. É prazeroso identificar palavras, imagens, que hoje, pra muitos, já não tem importância e influência. Eu mesma sou apaixonada por livros antigos. Tenho alguns, mas tenho duas raridades que não tem preço. Um dicionário ilustrado#blgtk08# Luso-Brasileiro,do ano 1956, com 1996 páginas, que abrange a língua, as letras, as ciências e as artes. Tem cerca de 6000 gravuras, 1000 retratos de individualidades célebres, 128 quadros enciclopédicos e, por ai afora. O outro é 'A Relíquia' de Eça de Queirós, do ano de 1961.
Comentario por Solange Villamar Couto (23-05-2012 20:49)
2 E o ulido, que me cdis do ulido dos libros antigos cando os tes nas mans para abrilos? Ese ar#blgtk08#recendo de mofos e humidades antigas, ese paso do tempo gravado neles con lume... Delicioso!
Comentario por Xesús Constela (25-05-2012 13:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal