Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Deste Porto que cae
Máis fotos feitas co móbil: esta corresponde á cidade portuguesa de Porto.

Un día de paseo cuns amigos pola zona antiga da cidade foi como facer un percorrido pola saudade do pasado.

O Porto vello esmorece coma unha cidade a piques de morrer...

Por que? preguntámonos unha e outra vez.

Por que unha cidade tan fermosa e sempre tan viva está agora deshabitada e ruinosa?

Contestounos un portuense: A cidade antiga non atura a desaparición dos compradores que escaparon en masa cara aos xigantescos centros comerciais construídos nos arrabaldes.

A xente marchou e as tendas pecharon: resulta case imposíbel atopar un lugar onde facer a compra diaria na zona antiga. Xa non hai tendas nin supermercados.

E logo pecharon os demais comercios.

E a xente marchou á procura doutras zonas da cidade máis modernas e máis cómodas para vivir.

Poderá este Porto antigo (neste Portugal tan empobrecido pola crise actual) sobrevivir á presión dos grandes centros comerciais e os novos núcleos urbáns?

Nesta casa da fotografía "habitantes" de cartón piden auxilio dende as fiestras...

Haberá alguén que corra na súa axuda?
Comentarios (3) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 15-01-2012 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Por que nos empeñamos en correr cara a modernidade, esquecendo que somos parte da historia das pedras das fachadas antigas das nosas cidades?
Hai que mirar cara ao futuro, pero deixar habit#blgtk08#antes de cartón nas fiestras, non me parece bo negocio.
O malo é que quen ten poder para non deixar esmorecer as nosas cidades, se empeñe en invertir recursos en potenciar cousas foráneas!
Comentario por A nena do paraugas (16-01-2012 06:26)
2 Asegúroche, Nena, que a cidade de Porto sobrecolle polo estado ruinosos do seu casco antigo despoboado e cheo de saudades dun esplendor perdido. E aínda por riba non vai ser doado recuperalo dada a crise pola que estamos a pasar, realmente crú#blgtk08#a en Portugal. Unha mágoa ver como medran os extrarradios cheos de centros comerciais que roubaron a clientela das vellas tendas do centro. Unha mágoa. Tes razón: non podemos esquecer que nesas pedras das nosas cidades estamos nós reflectidos.
Comentario por Xesús Constela (16-01-2012 12:30)
3 Hai xa varios anos que estiven alí, paseando pola zona vella e a lembranza #blgtk08#que teño é esta que reflictes, abandono. E suxedade. Unha verdadeira mágoa.
Comentario por A nena do paraugas (19-01-2012 08:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal