Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Benigno Moure: o crego estafador
Hai tres anos Benigno Moure, crego e presidente da Fundación San Rosendo de Ourense, foi declarado culpábel de apropiarse de 573.673 euros que conformaban o patrimonio de María Vázquez Covela, unha anciá enferma de alzheimer que vivía na residencia xeriátrica "Os Gozos", en Pereiro de Aguiar, xestionada pola súa fundación.

Foi condenado a devolver os cartos á familia da señora e máis a cinco anos de cárcere por apropiación indebida.

Pois ben, para o abaraio da sociedade o tal crego Moure recibiu onte o apoio do Partido Popular de Ourense e a Confederación de Empresarios de Ourense para evitar o seu ingreso na cadea...

... porque o conmsideran un "referente humanitario".

Manda carallo!
Comentarios (5) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 13-07-2011 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 deberiamos sorprendernos que o poder se acubille#blgtk08#? xuntos (nunca mellor dito) os do pp e a igrexa
Comentario por Nemigo (13-07-2011 20:51)
2 Vaia unha "morali#blgtk08#dade", non cres?
Comentario por Xesús Constela (13-07-2011 21:21)
3 Nunca deixan de sorprendernos. E que esta tropa ten #blgtk08#patente corso, está clariño de todo.

Comentario por Eva Carpente (13-07-2011 22:16)
4 Que vergoña! #blgtk08#É tremendo...
Comentario por Eva Lozano (15-07-2011 08:30)
5 Eu non digo nada. Este home e súa nai foron bos veciños meus hai moitos anos. Hai tamén moitos anos que non falo con el e pouco máis sei ca que súa nai morreu hai moito tempo e o que di a prensa...
Hai xente de por aquí que opina que é unha cabeza de turco, coma outra calquera. Como tamén se di que a familia directa da estafada non quixo saber nada dela ata que morreu e viu que a herdanza pasaba a outras mans. Cousas de familia.

O que non me parece politicamente corecto é que o#blgtk08#rganizacións sociais e polítcias desta provincia se ergan coma defensoras de alguén que está condeado polo Tribunal Supremo, logo de varias apelacións. Esta provincia é algo aparte.

Vexo a este home ás veces pola rúa e non sei que pensar. Hai tantas persoas maiores abandonadas á súa sorte, que depositan a confianza e as querencias en quen as coida e lle dá agarimo, lonxe da familia que as abandona, que non sei que pensar.
Quen é honrada e lexitimamente o dono das súas facendas?
Comentario por A nena do paraugas (15-07-2011 16:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal