Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Ferrol, a cidade barco.
Quixera achegarvos o texto que escribín acerca de Ferrol para a exposición Vilagrafías de Anxo Cabada (A foto que acompaña esta entrada non é súa, por certo. Trátase dunha postal)

Se algunha vez, decaídos, damos en pensar que Ferrol non é nada máis ca un vello soño perdido, unha andrómena, unha entelequia, axiña a cidade aparece deitada a carón do mar, espida e enteira, orgullosa de si mesma, tan viva e tan real coma o barco que é, á procura de singraduras imposíbeis, agachados nós nas engrenaxes da súa maquinaria.
Non se deixa almacenar inservíbel, a cidade barco, na maleta do esquecemento.
Non se agacha tampouco no baúl da desidia, nin se abandona no caixón da desesperanza.
Albíscase sempre na lonxanía entre esqueletos de edificios arruinados (Seica non podedes oír os seus laios fosilizados?)
Ai da cidade reconvertida e volta a reconverter, unha vez, e outra, e outra máis, tantas que as veces xa nada parecemos lembrar do seu ilustre pasado de estaleiros grandiosos e de insignes mareantes.
Debaixo das lousas máis antigas, nesas rúas perfectamente paralelas e tantas veces camiñadas, sempre se pode sentir o calado correr do seu sangue. (Porque a cidade está viva, tan viva coma cada un dos homes e as mulleres que abren os ollos pola mañá cediño para asistiren ao traballo, tan viva coma cada neno e cada nena que camiña cara á escola con rapidez no paso, tan viva coma cada persoa que afronta o día sen outra perspectiva que ir facer cola nas oficinas de emprego. Ai da cidade tantas veces reconvertida en almacén de parados!)
E cando a luz do sol esmorece e nas beiras todas da ría comezan a acenderse as casas, a cidade barco transfórmase nunha coreografía de formas cambiantes, as luces todas reflectidas no mar, estiradas sen preguiza na auga coma árbores a apertaren a terra coa forza do seu raizame.
Non.
Non é un soño.
Non é andrómena nin entelequia.
Ferrol é a cidade barco.



Comentarios (4) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 11-07-2011 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Maravilhoso!
Ao mesmo tempo que se nota a tristeza de uma situação real, nota-se a vida da cidade ressurgindo nas tuas palavras.
Através destas suaves palavras,c#blgtk08#reio que Ferrol não se entregará e, que se renovará a cada pensamento positivo, a cada momento lúcido, em fim, a cada lembrança viva, mesmo que de um passado longínquo.
Comentario por Solange Villamar Couto (12-07-2011 01:04)
2 Alégrome de que che gustase, Siolange. Non custou traballo escribir con sinceridade as sensacións que me fai sentir a miña cidade, sem#blgtk08#pre esquecida e sempre castigada. Algún día comezarei unha historia longa na que ela sexa a verdadeira protagonista. Teño que facelo.
Comentario por Xesús Constela (12-07-2011 19:12)
3 Hai tempo que non paso por aqui, pero estas palabras sobre Ferrol, cidade natal que compartimos, calan fondo no meu corazón pola enorme exactitude da situación e pola fermosura no xeito de describila. Son palabr#blgtk08#as vertadeiramente suxerentes, evocan estampas.
De seguro que resurxirá de novo facendo de Ferrol unha cidade rebuldeira, puxante e algo poeta, coma sempre.
O tema para esa novela paréceme moi bo.
Comentario por Eva Carpente (13-07-2011 22:26)
4 Hai tempo que non paso por aqui, pero estas palabras sobre Ferrol, cidade natal que compartimos, calan fondo no meu corazón pola enorme exactitude da situación e pola fermosura no xeito de describila. Son palabr#blgtk08#as vertadeiramente suxerentes, evocan estampas.
De seguro que resurxirá de novo facendo de Ferrol unha cidade rebuldeira, puxante e algo poeta, coma sempre.
O tema para esa novela paréceme moi bo.
Comentario por Eva Carpente (13-07-2011 22:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal