|
|
|
|
Da exposición Vilagrafías de Anxo Cabada |
|
Tiven onte o inmenso pracer de asistir á inauguración da exposición Vilagrafías do fotógrafo Anxo Cabada no Verbum de Vigo (onde estraá até o 11 de setembro).
En palabras do autor Vilagrafías é "unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas".
As fotografías, de gran calidade todas elas, están acompañadas por textos de moi diversos autores: María Xoxé Queizán, Fran Alonso, Ramón Caride, Eva Veiga, Chus Pato, Marilar Alexandre, Antón Lopo, Anxo Angueira, Carlos Lema...
E tiven a honra de escribir eu o texto que se refire a Ferrol...
E a honra aínda maior de poder lelo onte na presentación.
Xa colaborara con Anxo na súa anterior exposición, Terragrafías, pero aseguro que nesta ocasión superouse a si mesmo.
Moitas grazas, Anxo, por poñeres (tan boa) imaxe ás miñas palabras! |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Que interessante esta exposição!
Você poderia nos d#blgtk08#ar o prazer de conhecer o texto que escreveu sobre Ferrol! |
|
|
Comentario por Solange Villamar Couto (10-07-2011 16:23) |
|
|
2 |
Si. De verdade é unha exposición ben interesante. Anxo é u fotógrafo moi bo que sabe captar perfectamente a alma das cousa#blgtk08#s e da xente que fotografía, neste caso das cidades. Con moito gusto publicarei estes días o meu texto acerca de Ferrol. |
|
|
Comentario por Xesús Constela (11-07-2011 21:13) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|