Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Xavi, unha das miñas tartarugas

Velaí vos fai unha imaxe de Xavi, unha das miñas tres tartarugas.

As outras dúas, Aquiles e Bicharita, son de orellas vermellas (viven na auga dun estanque que lles construímos na parte de atrás da casa) e orixinarias de Florida aínda que nacidas en Ferrol hai máis de vinte anos.

Xavi viaxou connosco a Poio dende a cidade tunisiana de Monastir na compaña dunha súa parella, Noelia, agora tristemente morta.

Xavi réxese por unhas circunstancias espazo temporais diferentes das nosas.

Non coñece de présas nin angustias polo tempo que chega ou marcha, que sobra ou falta, que aparece ou se vai.

O seu paraíso é un paraíso accesíbel e non soñado (coma son os nosos paríosos).

O de Xavi consiste nunha boa ración de "dentes de león" para comer e un bo lugar para pasar a noite... e o invderno enteiro... a durmis.

No meu xardín abonda o "dente de león" e hai milleiros de lugares para facer un furado na terra e poder boarse a durmir...

Ás veces Xavi dáme envexa.

Moita.
Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 14-05-2011 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Considero que Xavi é uma felizarda! Viver num lugar deste, com todo o conforto que lhe toca, comida à vontade, sem pressa...sem preoc#blgtk08#upações... Que mais quer Xavi, verdade? Só sombra e água fresca!!
É pra dar inveja mesmo!
Parabéns, Xavi é muito lindo!
Comentario por Solange Villamar Couto (15-05-2011 00:15)
2 Sempre me sorprendeu a calma e lentitude coa que viven as tartarugas. Polo que se ve, esta é #blgtk08#ben feliz nese entorno que describes. Así é máis doado cumprir anos!

Saudiños.
Comentario por A nena do paraugas (16-05-2011 08:01)
3 Encántanme as tartarugas!! Teñen algo de prehistórico e misterioso... Ese ritmo pausado é o que deberiamos ter todos. Supoño que por iso son#blgtk08# tan feliz, porque son como unha tartaruga, sen présas nin agobios.
Un grolo polo fermoso Xavi e polos seus compañeiros de estanque!!
Comentario por Eva Lozano (16-05-2011 11:53)
4 Unha visita rápida a este blog que boto de menos nestes días de ausencia. Quen me dera ser tartaruga e tomalo todo con calma, non andar a c#blgtk08#orrer, a chegar a tempo a todas partes e que non se che note o cansa que estás. Esta non son eu.
Grolos pola calma e as tartarugas.
Comentario por Eva Carpente (16-05-2011 21:56)
5 Un consello: diente de león é " mexacán" en galego.<#blgtk08#br /> Que duren as tartarugas e a lingua galega !.
Comentario por paideleo (17-05-2011 23:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal