Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Cemiterio de Soria: Tumba de Leonor Izquierdo
Fun unha vez a Soria e procurei o cemiterio, preto daquel olmo seco que cantara Antonio Machado:

Antes que te derribe, olmo del Duero,
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campana,
lanza de carro o yugo de carreta;
antes que rojo en el hogar, mañana,
ardas en alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
olmo, quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,
otro milagro de la primavera.


Procurei o cemiterio, dicía porque, con verdadeiro morbo, quería ver a tumba de Leonor, a esposa do poeta, morta con apenas vinte anos (e con quen casara aos quince, cando el tiña trinta e catro!)

Atopeina. Estaba sinalizada dende a porta mesma do camposanto!

Convertérase nun especie de altar, meta da pregrinación de devotos do poeta. A xente deixara poemas, debuxos, fotografías e escritos enriba do mármore da lápida.
Comentarios (2) - Categoría: De cemiterios - Publicado o 13-10-2009 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Cemiterios na Costa da Morte
Veño de facer unha viaxe á Costa da Morte cun grupo de grandes amigos e, sen planealo nin pretendelo, visitamos varios cemiterios.

É incríbel como cambiaron os tempos no que a enterramentos se refire.

En Lira, onde comezou a visita, hai tumbas de area adornadas con cunchas da praia.

En Carnota o cemiterio sobordou os lindeiros do adro da igrexa.

En Fisterra conviven preto da estrada do faro dous cimeterios: o tradicional, cheo, e o novo, deseñado por César Portela, na fotografía, onde os veciños non queren enterrar os seus mortos, polo que aínda está por estrear.

Rematamos a viaxe na vila de Noia, no cemiterio onde se poden ver as laudas gremiais da Idade Media.

De regreso a casa baixamos ao que queda do vello mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, onde os mortos descansan arrolados polo ruído da auga dunha fervenza.

Que teñan un bo sono!
Comentarios (3) - Categoría: De cemiterios - Publicado o 12-10-2009 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal